De mentiras e dilemas

Pablo Casado ten un problema. E de gravidade. E o PP ten dous. Nunca entendín ben como alguén tan metido no lodo, coma neste caso, ten a ousadía e a fachenda de presentarse a dirixir un grupo político.
Por poñerse ao fronte dun colectivo de persoas que loitan, confían e sofren sen agardar nada a cambio, máis que os seus dirixentes fagan o adecuado e o correcto. Sabendo ademais que todos o saben. Saben que está manchado e polo tanto, limitado para acción e a esixencia política. Cada vez que manifeste o clásico vostede non ten credibilidade, a resposta é automática: O que non ten credibilidade, nin grao nin master, é vostede Sr. Casado.
E así sucesivamente con outros exemplos tipo: vostede engana aos cidadáns. Ou esíxolle transparencia..Ou vostede minte para saír do paso. E o PP ten un problema dobre. Un novo caso Cifuentes ampliado e de maior gravidade nos seus efectos. Agora está cunha Presidencia comprometida, e sabe perfectamente que seguirá á deriva, sen rumbo nin temón, ata Setembro, polo menos. E despois terán que empezar de novo. Hai moitos, especialmente fóra de Galicia, que seguen a soñar coa opción de Feijoo, a pesar das cargas engadidas que conleva. Dicían os maiores aquilo de que non hai atallo sen traballo.
Tamén penoso o papel de García Egea, o secretario xeral do PP, defendo o indefendible. E inventando ventiladores e chascarrillos, para intentar obviar o evidente, que se colle antes a un mentireiro que a un coxo. Hai viaxes que sería mellor non telos comezado.
Acompáñame –dixo El- fai camiño comigo e descubriremos amenceres e solpores en illas das que nunca soubemos que existían. Acompañémonos –dixo Ela– e nunca haberá mar suficiente para poder descubrir tantos sentidos...

De mentiras e dilemas

Te puede interesar