Domingo 18.11.2018

De pí[email protected] e [email protected]

Tiñamos coma certo que a picaresca era un producto made in Spain. E resulta que ter moito morro, non é patrimonio exclusivo de ningunha colectividade nin territorio.

Tiñamos coma certo que a picaresca era un producto made in Spain. E resulta que ter moito morro, non é patrimonio exclusivo de ningunha colectividade nin territorio. Poidera ser consecuencia da globalización. Ou acaso, un efecto secundario da tolemia dominante en vagas expansivas, de vivir moito mellor pero sen pegar golpe, a custe cero. Pero convengamos que chegar ata os extremos da famosa turista inglesa de 81 anos, que pide a devolución dos cartos dunha viaje a Benidorm, por estar cheo de españois, pon o listón en niveis de case imposible superación. Reminiscencias, acaso, do archiconocido e denostado colonialismo inglés, de cando facían e desfacían ao seu antollo. 
Dentro do clásico catálogo dos nosos Pícaros do Século de Ouro literario, como o Lazarillo de Tormes, Guzmán de Alfarache ou Rinconete e Cortadillo, haberá que engadir a Freda Jackson, por méritos propios. Pensen vostedes no exquisito comportamento tan “polite” dos turistas ingleses en Magaluf e similares. Vivir do conto e evitar gastos propios incrementando os alleos, semella terse convertido nunha actividade que conta cada vez cun maior número de practicantes. 
Un amplo catálogo de ocorrencias, simpas e timos diversos, incrementan cada día máis a nómina de picarescas tomaduras de pelo. E ainda descoñecemos onde está o famoso teito de cristal que limita a imaxinación. Pero hai xente que se empeña en superar o insuperable, coma tentou facer a boa de Freda. Resulta evidente que xestionar ofertas de viaxes, estase a converter nunha práctica de moi alto risco.
Nomearte invade os meus tecidos da dozura que aseda e da mornura -díxolle El– desa emoción que constrúe mundos amplos e fai que sexan pequenos os sentidos. Nomearte ten arrecendos de menta e primavera –dixo Ela– unha febre intensa de emocións e sentidos…

Comentarios