De resultados

Pasaron as eleccións e, volvendo ao clásico, aquí pasou o que pasou. Feijóo gaña sen despeinarse e sen baixarse do autobús. O primeiro é felicitar ao gañador. É unha fazaña seguir acadando maiorías absolutas sen apenas desgaste. Razoablemente cabe entender que hai un fío de acción e discurso, recoñecible para máis da metade dos galegxs, e co que están en sintonía e plenamente identificados, ou polo menos, representados nalgunha medida. Quizás sexa unha paradoxa, xa que a pretendida e vendida moderación de Feijóo choca frontalmente coas actuacións e recortes dos sistemas públicos que se veñen practicando nas súas lexislaturas. 

Non fan falla sesudos análises para concluír que os galegxs prefiren que os experimentos sexan en casa e con gaseosa, e que en caso de suceder, sexan desmontados á primeira oportunidade. E así sucedeu. A marea retorna finalmente ao porto refuxio global e ben estruturado da matriz orixinal, é dicir, ao BNG. O nacionalismo non só recupera espazo, senón tamén credibilidade e potencia a súa voz como segunda forza no Parlamento. E sobre todo, como única voz nacionalista. 

A primeira experiencia de Gonzalo Caballero fronte aos curtidos veteranos Pontón e Feijóo , pode cualificarse como superada. Incrementa un escano a costa dos populares. E sobre todo, tras toda unha campaña na que medios agoireiros, anunciábanlle cada día, unha debacle. Afianzou e consolidou posición e empeza a lexislatura dende bases máis sólidas. O Parlamento e o tempo que os socialistas teñen que darlle, acabarán por tallar as arestas innecesarias e destacar máis as súas cualidades. 

E volvemos a aquilo de tres eran tres: Tres partidos, tres idearios, tres modelos. Xa saben vostedes, a demostración evidente do eterno retorno...

Ancorarte esta ao alcance dos meus medos -dixo El- perderte é unha fractura na memoria e unha fisura elemental do equilibrio. Acaso nos incendios dos invernos ou na tenrura fonda das ruínas, a vida elixe sempre vivir lonxe...

De resultados

Te puede interesar