De San Xoán

Di o refrán aplicable nestas datas “saltarei o lume de San Xoán / para que non me morda nin cabra nin can / nin cantos males han”. É con isto pasa como coas meigas, que habelas hailas. E males non digamos. Os maiores pensan que o mundo está perdido e que todo se derruba e ven abaixo.
Os novos pensan que nada pasa que non pasara xa e que algunhas das cousas que dominan a actualidade, veñen marcadas polo sino dos tempos, ergo... non é morte de home o que sucede. Pero hai cousas que seguen igual, como as tramas de corrupción e a falla de respostas de Rajoy. Ou o resquemor atávico de Susana Díaz polo ocorrido nas primarias, incluso contra vento e marea e con publicidade e aleivosía. Aproveita calquera oportunidade para evidenciar distancia. Non é ese o camiño de baldosas amarelas, nin está na mesma posición que tiña, antes de perder as primarias.
Hai males e traxedias. Accidentes causados pola fatalidade e a conxura dos elementos que combinados con determinadas circunstancias desgraciadas, rematan en traxedias inconmensurables e fondamente dramáticas. A ameaza yihadista continúa e a redada de Madrid revela que estaban planificando un atentado en España. As relixións e as diferenzas, non deberan ser nunca causa de conflito.
A vida é un sumatorio de riscos e dores potenciais. Hai dor de abandono, de feridas e dores de nostalxia polo moito perdido. Por iso as cacharelas son case unha cirurxía, elemental e esperanzadora, para deixar no lume todos os males. Un dos cinco elementos, pero con función purificadora. É tempo tamén para revisitar todas as cousas boas compartidas... que por miles de detalles, fan que sexa imposible non lembrarte, e non sentirte...

De San Xoán

Te puede interesar