De desescalar e do contrario

or definición, e sempre en condicións ideais de presión e temperatura, desescalar é desfacer a escalada. Entendamos metaforicamente que desescalar é reducir a altura e a tensión, e así teremos claramente despexada esta ecuación. Pero a realidade política e mediática, insiste en devolvernos unha imaxe onde o que destaca é o contrario. O incremento dunha tensión, tan interesada coma inútil, sigue fomentando uns odios que chocan frontalmente co significado da palabra convivencia. Ten o sistema parlamentario foros diversos onde esixir, opinar e debatir do divino e do humano. No sanitario progresamos adecuadamente e a reactivación da hostelería e do turismo, son unha especie de bálsamo de fierabrás que acaba por devolver o paraíso ao estadio anterior ao pecado orixinal. Especialmente cando xa o fútbol volve a concentrar atención e polémicas, tanto que fixeron desaparecer as manifestacións de Serrano. 
Causa noxo e un certo rexurdir dos temores atávicos, a imaxe do home que dispara contra dianas coas fotos do Presidente Sánchez, Iglesias e outros membros do Goberno. Cal é a mensaxe que se pretende transmitir? Xa non somos inocentes e sabemos que toda acción, e máis colgada en redes, busca comunicar determinadas mensaxes e xerar unhas respostas concretas. Non é de recibo, nin de patriotas, que o PP xogue contra España nas Institucións Europeas. Ou que Portavoces e politicxs de Vox e do PP, digan barbaridades impunemente sobre o feminismo, a violencia de xénero ou os maiores, aínda a estas alturas. Ata baróns do PP piden a Cayetana Álvarez que module o tono. Semella non saber facelo. Desescalar precisa de intelixencia, compromiso e altura, e debera ser un verbo de conxugación obligatoria.
A complicidade é unha estación de choivas -dixo El- unha colección de cunchas, días felices e nostalxias. Acaso un eco sepia dos abrazos, un amplo relatorio emocionado de sentirte, e esa ampla nostalxia habitada de vivirnos.

De desescalar e do contrario

Te puede interesar