Do Instituto Cervantes

No Instituto Cervantes suceden feitos inexplicables. Contan que nesta Institución do Estado, convocaron a impartir unha conferencia ao ditador Guineano Teodoro Obiang. Aseveraron que tiña o placet do Ministerio de Exteriores, de quen depende organicamente. E comparecendo o Ministro do ramo, manifesta alto e claro, que nin sabía nin autorizou nada. É triste ver como a potencia literaria e cultural dun país como España, con linguas e culturas, tan diversas como ignoradas dende os cumios oficiais, teñen que soportar que se lle dea categoría de referente cultural a un ditador como Obiang. Unha Institución que debera ser o buque insignia das Linguas e Culturas de España, da riqueza da nosa diversidade, fai denodados esforzos por rizar o rizo e sacarse da manga cousas que non teñen explicación nin sentido. Pasen os enfrontamentos soterrados entre Cultura e Exteriores ( de toda a vida) por facerse coa titularidade en exclusiva desta Institución, pero non se pode permitir unha Programación que non estea a altura dunha entidade onde, prestixiosos personaxes das nosas Culturas, tiveron papel e discurso. Hoxe coñeciamos un dato revelador. De cada 4 emigrantes españois, 1 é galego. Que máis de 16.000 galegos saíron no pasado ano, a buscarse a vida fóra de Galicia. Deberamos reflexionar. A pesar de que din dende o Goberno que pintan ouros, a realidade social demostra que vai por outro lado. Algúns manifestan que a emigración é un dos nosos sinais de identidade, e non é certo. Deixar o de un, é unha triste circunstancia que ven dada pola falla de pers pectivas. Non é turismo cultural. Non é por curriculum. É por necesidade. Afrontado con coraxe e valentía. Pero emigración pura e dura. Unha hemorraxia vital desesperante.

 

Do Instituto Cervantes

Te puede interesar