Dos dramas e o nadal

Novo atentado en Berlín. Brutalidade e dano gratuíto, unha dor fonda e innecesaria, e de novo invocando deuses que, rotundamente  condenan, esta e calquera outra mala acción cometida no mal uso do seu nome. Nunha Alemaña, xa de por si moi contraria a recibir inmigrantes, con este atentado chove sobre mollado. 
Agora, alí o debate volve a centrarse na conveniencia e oportunidade de acoller, ou non, aos que chegan de mundos feridos de diversos males. Ou se é necesario e útil para Alemaña, asinar acordos que conlevan o risco, de converterse en auténticos cabalos de Troia, a través dos cales chegarían ao país, persoas decididas a cometer calquera barbaridade. A dor e o medo, sempre causan estragos de consideración nas almas, e supón a posta en marcha de mecanismos do odio, e da desconfianza ante todo o diferente. 
Pero nin unha andoriña fai verán, nin un gran graneiro, por iso é conveniente poñer empeño en asegurar a confianza, en reforzar a convivencia e tamén en consolidar a axuda internacional e humanitaria, a sociedades e países que precisan atención prioritaria, e facer debates de calado político poderoso, para arranxar as dramáticas situacións nas que,  a duras penas (sobre)viven. 
Os adornos do Nadal, as estrelas, luces e grilandas, ás veces agochan dramas que pasan desapercibidos a primeira vista, e os reflexos das intensas luminarias e dos surtidos escaparates, agudizan situacións xa de por si tensas, que teñen que ver coa ausencia, e coas carencias de todo tipo que fan do vivir, un auténtico milagre. 
A violencia de xénero, a lacra que non cesa será, necesariamente, un reto para tod@s, un empeño global e colectivo para o 2017. 

Dos dramas e o nadal

Te puede interesar