Puntadas con fío

Hai moitas maneiras de disimular un feito e desactivar os seus efectos. Das máis eficaces resulta a de impoñer a túa axenda ao prezo que sexa. Ainda que resultes repetitivo e aburrido e aínda que non teñas razón. Non é a verdade o que se busca, senón o desgaste express dun presidente e dun Goberno. 
Que falan de mellorar as cuantías das pensións e correxilas á alza segundo o IPC? Pois fala ti da tese de Pedro Sánchez. Que toca aprobar uns presupostos sociais que responda ás demandas da cidadanía? Non fixes posición, ti fai unha rolda de prensa preguntándolle a Sánchez pola súa tese. 
Que pretende o Goberno por fin acabar cos privilexios e os aforamentos de moitos en pouco tempo? Utiliza un programa de televisión en prime time para preguntarlle ao presidente pola súa tese. Que o Goberno recupera a dignidade da Memoria e dun espazo coa exhumación de Franco? Pois que o Senado faga unha sesión monográfica sobre a tese de Sánchez. E así sucesivamente a ver se conseguen a total desafectación da cidadanía da política. 
Creo que xa abonda de tanta maniobra de distración, de tanta cortina de fume para evitar que o Goberno avance no que lle importa a tod@s, e non en estratexias envolventes de asfixia da opinión pública, como consecuencia de ter perdido o poder polas súas malas artes. Sumémoslle a tradicional atomización da esquerda e a súa imposibilidade de camiñar xuntos, e teremos así o que o PP pretende: que lle saian gratis todas as falcatruadas polas que, precisamente, perdeu o goberno.
Contigo as palabras sempre chegan a casa –díxolle El docemente– e contan amplas historias de paixóns, ilusións e sentidos... Na metade dos soños, sempre hai estacións con destino ao teu nome...

 

Puntadas con fío

Te puede interesar