Tratado da perplexidade (IV)

Apesar de todos os cantos de serea, co que nos encheron os oídos nestes últimos días, acerca do Diálogo, o Acordo e a predisposición a facer xuntos, o que non poderían facer por separado, nada sucede coma dixeron que ía suceder. Nin tan amigos, nin tan iguais, nin tan colaborativos. 
Configurar as Comisións para traballar no Congreso, foi un traballo de auténtica filigrana. Tamén é certo, que ninguén agardaba que as cousas sucederan, como Mariano e compañía, as pintaban. Sabemos que cando hai máis peso nun platillo da balanza, ese vai decidir a dirección da liña de traballo. E xa a oposición gañou o pulso pola paralización da Lomce.  Volve a ser unha verdade científica que unha cousa é predicar e outra dar trigo. 
Nin tan sequera nos tempos de cambio de referente nos EEUU, serven de exemplo  para aplacar en Europa ese ascenso evidente das alas máis radicais dos partidos máis conservadores, perigosamente máis cargadas de bombo en cuestións de racismo, xenofobia e populismo. Nin para que reflexionen seriamente, acerca do que se debe cambiar, si ou si, para que isto non sexa inevitábel. Xa pasado algún tempo da ¿inesperada? vitoria de Trump, o que semella sorprender a algúns é que poña en marcha as medidas que deixou enunciadas ao longo da campaña. 
Medidas que serán de todo menos amábeis, cos máis desfavorecidos da sociedade. Pero é un exercicio de coherencia, fai o que dixo que faría. Para elo xa nomeou a tres dos chamados “falcóns” do seu partido. Membros da ala dura, caracterizados por ser, basicamente, coma  Trump. Pero non se chamen a engano, seguro que haberá moito máis.
 

Tratado da perplexidade (IV)

Te puede interesar