Dos tuits de Trump

Trump semella ter acadado en poucos días, o que ninguén foi capaz en moitos anos. Concita entorno a el todo tipo de paixóns. As razoadas e viscerais defensas, xunto con aqueloutras radicais que provocan insomnios e malas dixestións. E volve xurdir na sociedade americana (e mundial),esa dicotomía de amor/odio, e o clásico dilema de comigo ou contra min. 
No mundo político, social, empresarial e nas relacións internacionais, están xa recuperando, simbolicamente falando, aqueles cadernos de queixas( cahiers de doléances) que estiveron no cerne do estoupido da Revolución Francesa. O novo Presidente, incluso ten o mérito de ter resucitado aos vellos cantautores. Arden as redes sociais con versión de clásicos de Dylan, ou outras de novo cuño, que teñen o común denominador de poñer de volta e media as medidas que Trump vai debullando día a día. 
O certo é que almorzamos cada mañá cunha nova perla/decreto no que vía tuit, informa ao mundo de que, daqueles exabruptos, nacen as decisións estrafalarias que serán as realidades dos próximos anos. Pero os grandes movementos en defensa dos grandes ideais, recobran posición e discurso. Os Movementos Feministas, coa implicación de potentes personaxes mediáticos, denuncian e chegan con moita forza a toda a sociedade americana. Sen esquecer a inxustificable defensa dos métodos de tortura, que causou estupor en propios e estraños.O  mundo volve a estar pendente dos EEUU. Polo alcance das súas decisións? 
Off course... pero tamén polas súas moitas discutibles e estrafalarias postas en escena, que empezan a causar rubor e vergoña no seu propio partido. Termos como moderado, discreto e conciliador  non están no seu ADN. Pero en agraviar, exaltar ou pisar callos semella ter acadados varios doutorados. Cum Laude.
 

Dos tuits de Trump

Te puede interesar