Carta aberta a Salomé Peña

Señora Peña, comezou vostede en Xullo do 2015 una campaña de desprestixio contra o goberno municipal, esixindo de todos os xeitos que se lle ocorreu que se lle entregaran as actas das xuntas de goberno. Na súa paranoia conspiranoica chegou a acudir a valedora do pobo e a acusarnos de ocultar non se sabe que estrañas decisións. Vostede é perfectamente coñecedora do funcionamento interno do Concello, da sobrecarga de traballo que sofren as traballadoras municipais e de como se realizan esas actas que insistentemente esixe, aproveitando ocos cando o traballo diario o permite. A pesares disto, non tivo problemas en pór en dubida varias veces o traballo da secretaria municipal, responsable de redactar as actas, e do resto de compañeiras, que son as que fan coa súa profesionalidade que o Concello funcione, con políticos presentes ou, como nas lexislaturas anteriores, ausentes.
  E se vostede, señora Peña, tivera no seu mandato actuado doutro xeito, quizais se podería entender esta cansiña obsesión súa. Pero non foi así. O pasado xoves asinamos en xunta de portavoces a entrega desas actas... Das actas elaboradas dende que chegamos nos ao goberno? Non, asinamos a entrega de todas actas que faltaban, que se remontan a xaneiro de 2013, corenta e unha actas que non se redactaron no seu día  por orde expresa súa, señora Peña. Logo no pleno municipal, demostramos que vostede ata finais do 2012 entregou  as actas de ano en ano e eu persoalmente recrimineille a súa actitude e pedinlle algo que agora reitero aquí:  Teña dignidade, señora Peña, teña vergoña e así como andou rauda para presentar escritos en canto sitio encontrou por este asunto, ande rauda agora e presente un escrito pedindo desculpas as traballadoras municipais, en especial a secretaria do Concello, cuxo traballo puxo vostede en dubida reiteradamente movida pola súa avaricia política. E unha última cousa, señora Peña, un vello refrán sostén que “cre ladrón que todos son da súa condición”. Durante dous anos e medio negoume vostede as actas do seu goberno, agora terei que ler esos máis de seiscentos  folios redactados por ambas caras, non vai a ser que sexa vostede a que oculta algo.
* Tenente de Alcalde de Ribadumia.

Carta aberta a Salomé Peña

Te puede interesar