O clasismo e servilismo de David Castro

o pleno deste pasado xoves David Castro quixo afearme a maneira na que Somos Ribadumia e eu mesmo defendemos un investimento que solucione o estado ruinoso do noso colexio. E fíxoo o alcalde usando os seus argumentos habituais, que xa usaba con Salomé Peña: falta de prudencia, formas inadecuadas, etc. De feito faltoulle chamarme maleducado. E contrapuxo a isto o seu habitual servilismo e agradecemento - puro pelotilleo - cara o PP. Clasismo puro:  temos que axeonllarnos ante o PP por que ten o poder e manexa os (nosos) cartos. Indignante nun alcalde. 
  Tampouco lle parece correcto que dende Somos Ribadumia fagamos comunicados, non vaia a ser que o noso traballo sexa público.
Temos que facer como os de IR, que non mandan nada á prensa. Nada, salvo cando lles chaman de arriba para anunciarlle un millón de euros, que entón si chaman a canto xornal hai. Así é o noso alcalde, ten unha vara de medir distinta para cada cuestión, e inda outra para os que non fan como el. 
 Dixo o alcalde, en resumen, que coas nosas formas non iamos a ningún lado. Esquece David que gracias as nosas formas e xeito de entender a política el puido acceder a alcaldía. Esquece, e cando llo din mira para outro lado,  que mentres nos non falamos do colexio, ninguén o fixo, nin sequera el, que está tan flipado soñando con regalarlle unha cafetería nova aos votantes que van ao fútbol os domingos, que non ve que é moito máis urxente solucionar os problemas do colexio, inda que os nenos non voten. Non ve que para lograr que a Xunta, que non pode poñer os ollos á vez nos 313 concellos galegos ,faga o seu traballo non se pode quedar caladiño nunha esquina. Hai que levantar a voz. Hai que moverse.  Máis cando  o PP local esta aínda en prácticas e do resto non sabemos nin se existen.
  Agora todos falan do colexio, agora que nos fixemos o que debería facer David Castro, e iso molesta ao noso alcalde. Pois ten dous traballos. Durante catro anos gobernou sen oposición, e con Somos Ribadumia sostendo o goberno e sacándolle as castañas do lume. Tan bos eramos e tan malos somos agora? Moléstalle que fagamos o seu traballo e a xente o vexa? Moléstalle que a xente descubra que quen traballa pola veciñanza somos nos e non eles?  Moléstalle que se lle noten esas intencións que pouco teñen que ver ca veciñanza e moito co seu futuro político? Pois que vaia espabilando. Agora hai un partido exercendo a oposición en Ribadumia como corresponde. Levantaremos a voz cando sexa e canto faga falta para defender os intereses da xente que vive no noso concello. 
David Castro teranos ao seu carón cando corresponda, e en fronte cando sexa necesario. A un lado ou ao outro, dependerá de como faga o seu traballo.

*Portavoz de Somos Ribadumia
 

O clasismo e servilismo de David Castro

Te puede interesar