Non son o PSOE ou Somos, son Gonzalo Durán e o PP

Novamente asistimos a unha controversia desas que o señor Durán tanto lle gusta crear para ocultar as súas incapacidades. Desta volta armouna á conta da rede de transporte público recortada no seu día polo Partido Popular e sobre a que agora a Consellería de Infraestruturas é incapaz de actuar dun xeito efectivo. Un inciso. Quizais, se a señora Ethel Vazquez e o señor Ignacio Maestro escoitaran á xente do común e aos concellos, en lugar de atender aos intereses particulares do señor Raúl Lopez, as cousas irían doutra maneira. Non é así, e cada día xorde unha problemática co transporte público nunha comarca diferente, mentres no Salnés seguimos igual de mal que antes, solo que con Gonzalo Duran dando a nota.
     No Salnés temos moitas particularidades que neste asunto deben terse en conta. Non temos unha rede interurbana de bus que conecte axeitadamente e con boas frecuencias os principais núcleos, así como cos centros educativos e administrativos; hai concellos cuxo hospital de referencia é o do Salnés, pero outros téñeno en Pontevedra; nin uns nin outros teñen boas conexións e algúns como Ribadumia teñen conexións co hospital que non se corresponde; a única estación de tren esta nun extremo da comarca, e sen axeitadas comunicacións por bus co resto. Un presidente da mancomunidade responsable tería en conta todo isto e todo o que non poño aquí por non ocupar espazo, que é moito, e sentaríase a falar co resto de forzas políticas e alcaldes… 
Pero nós tristemente temos ó señor Durán, en funcións gracias no seu momento á ineptitude do PSOE para botalo. Por iso sorprende que no canto de mostrarse agradecido coa señora Tania García, cargue contra ela e contra o PSOE desviando a atención - co conto infantil ese de “el PSOE nos roba”- da realidade de que  o Salnés vai ser, outra vez, ninguneado pola Xunta de Galicia.
 Pero non será culpa do PSOE. A súa proposta é incompleta, e mellorable, pero nada máis. A culpa  será  do señor Durán, moi capacitado para andar de paseo e de compras pola comarca  e para  facer negocios con eses amigos rusos seus e do seu colega Tourís, pero  totalmente incapaz de exercer correctamente o seu cargo, e consensuar cos representantes municipais e políticos un plan completo, ben elaborado e legal, que propoñerlle á Consellería de Infraestruturas. A culpa é toda súa, que chama experiencia a poñer unha furgoneta dando voltas polo Concello, algo moi distinto a ter un plan de transporte comarcal que atenda as diversas necesidades dos concellos. A culpa non é dos concelleiros de SOMOS, que propoñemos que a mancomunidade traballe nun plantexamento que solucione problemas en lugar de causalos, e que todas as persoas do Salnés teñan os mesmos beneficios e importantes descontos que o PP vai dar a concellos como Pontevedra, Vigo, Redondela, Poio ou Sanxenxo, entre outros. Non, os únicos responsables deste desastre son o señor Durán e o Partido Popular.

Non son o PSOE ou Somos, son Gonzalo Durán e o PP

Te puede interesar