Fenosa se ha “Luz-ido”

Qué?... Cómo empezamos el año?... - A oscuras!!!...(todos a la vez) - Ja,ja,ja… Si, esta vez Fenosa se ha lucido… - Di mellor “luz-ido”… - Sí, creo que tenéis razón… Fenosa se ha “luz-ido”…Ja,ja,ja. - Disque foi por un incendio… - Non exactamente. Ao parecer houbo unha pequena explosión seguida a continuación dunha fumareda… - E que foi o que provocou todo iso?... - A saber!.., inda que non é de extrañar que pasen cousas así. A subestación de Vilalonga ten pinta de estar abandoada dende hai anos…  - Non só ten pinta, eu creo que está abandoada e por iso non é de extrañar que pasase o que pasou. O raro é que non pasase nada antes… - Bueno, tanto como nada!… Antes tamén teñen pasado cousas, Supoño que o estado da subestación algo terá que ver cos cortes que cada dous por tres se producen nun lugar ou outro do municipio, ou non?... -E de supoñer que todo inflúe, ao igual que o estado das liñas. O que non hai dereito é que esteamos a pagar o dobre de cartos que hai uns anos pola luz e que cada vez o servizo sexa peor… - O do outro día recordoume o que pasaba hai trinta anos ou máis, cando iamos os domingos a tomalo café á de Poldo e nos decía que a cafetera non funcionaba porque levaban varias horas sin luz… - Disque a cousa vai mellorar moito nalgunhas zonas cando entre a funcionar a subestación do parque empresarial de Nantes… - Cal?..., esa para a que o Concello puxera os terreos, non sei a cambio de que… - A cambio de nada. Puxeron os terreos e máis cartos. Nada máis e nada menos que un millón e medio de euros… - Home!, mira por donde estes que están agora teñen unha boa ocasión para facer un pleno ao dereito, no que se aclaren asuntos coma eses e no que se tomen acordos encamiñados a pechar e sacar esa antigualla de Vilalonga. - Si, xa vai sendo hora de que os plenos traten de algo máis que de informes de intervención… - Oes, seica se van poder reclamar os danos causados polo apagón… - Xa, pero dudo moito que por esa vía alguén consiga algo... A ver que facturas presento eu na oficiña esa de consumo pola tortilla de oito ovos que estaba a face-la muller cando marchou a luz e polo doce que tiña a filla no forno… Penso que ao máis que se vai chegar é a que abonen nunha próxima factura polas horas sin suministro e hasta outra…  - Tes razón, íbache a ser complicado. Non sei como ías conseguir que as galiñas que tes pola horta che fixeran factura dos ovos que perdéstedes… Ja,ja,ja!. Y así discurrió la primera tertulia de este 2016 que, ante lo visto y oído, parece que va a resultar un año muy “luz-ido”…

Fenosa se ha “Luz-ido”

Te puede interesar