COMANDANTE BALTAR

Opresidente provincial de Ourense, o CEO da primeira empresa ourensá tivo a gran idea de crear un comité de ética coa finalidade de non empregalo nunca, pero resulta que un suposto lío de saias fai que teña que por a traballar. 
Así que os éticos reclaman información ao capo ourensán, quen con todo dereito dilles que nada de nada, que o asunto ese da muller non ten máis importancia. 
Ademais espetaríalles a eses desagradecidos que quen son eles para interrogalo, se a fin de contas a idea do comité de ética era del mesmo. Os outros dimiten. Total, tanto ten. O importante é que houbo alguén que se revolveu contra o todopoderoso. 
Se é que estas cousas da ética son moi cambiantes, sobre todo desde que Kant reflexionou sobre o asunto. Baltar é intocable na súa provincia e todo o que sea rexenerar a vida política queda moi ben e moi bonito sobre o papel. Só nos queda a dúbida de se o comandante Baltar quería exportar o seu modelo a outros concellos ourensáns ou incluso até a Xunta.

COMANDANTE BALTAR

Te puede interesar