DÍA DAS LETRAS BIS

Este país é como aqueles africanos que se fixeron sobre unha mesa e con tiraliñas en Londres. Uns negros deitáronse sendo negros da tribo dos Nuba e espertaron como cidadáns sudaneses. Así que Galicia un día chegaron os romanos e cando se foron eran galegos e para máis desgraza deixaron por estas terras unha versión do latín.
Como os galaicos somos así, pois deunos por celebrar a herdanza romana e catro pais da patria comezaron a celebrar un día de only  galego baixo a beizón dun santo varón ou barón das letras romanas, iso si, escritas á española, como a tortilla, que deixou de ser de patacas como os ovos deixaron de ser estrelados.
O problema de todas estas celebracións é cando se institucionalizan e Xunta e concellos en vez de gobernar convértense en axentes de espectáculos e como iso de traballar non vai con eles a primeira medida é a de feriar a xornada para que a xente durma ou vai á praia, segundo a época do ano. De aí que os días das letras sexa un aburrimento ao igual que o San Xoán, ou tantas e tantas festividades que carecen de sesión vermú.
Menos mal que este ano a Academia Real Galega tivo a feliz idea de animar o asunto do galaico polo menos dez meses antes do aburrimento do día propiamente dito. É que Filgueira Valverde non é para menos, porque miren que non hai xente a que celebrar. Eu mesmo proporía unhas ducias, deses que me amargaron a época universitaria facéndome escoitar as súas odas, sonetos e versos libres, todos eles dignos de exésese e hermenéutica, incluso algúns merecedores de edicións críticas, con anotacións ao pé e outros simplemente quedarían ben no lixo ou publicados agora no grande container que é internet.
Xa que non queda máis remedio que sufrir ao ano filgueriano, como os pontevedreses e moitos galegos sofren a grande obra do erudito, a saber Ence, as mentes privilexiadas deberían ir pensando en facer un días das letras bis, á marxe da celebración oficial, como se fai o 25 de Xullo, por un lado anda a Xunta repartindo medallas e dando discursos e polo outro, o pobo soberano a berros polas rúas de Santiago, pero dividido en manifestacións de nacionalistas puros, outros de baixas calorías e os máis deles que pasaban por alí.
A pouco que se poñan en serio tres prohomes de recoñecido prestixio e de talante conciliador propoñen outro 17 de Maio con outro santo distinto do oficial. Será máis duro de celebrar porque a Xunta no soltará pasta, pero polo menos auguro un gran divertimento entre os asistentes as letras galegas bis

DÍA DAS LETRAS BIS

Te puede interesar