ESCOCESES E ESCOCIDOS

Só coñecín a un escocés na miña vida, de momento. Foi un outubro que andaba eu de turista por Fuerteventura, deambulando por Corralejo coa idea irme surfear. Mentres agardaba que abrise o concesionario das táboas, sentei na explanada dun bar, un dos moitos que fan as delicias dos visitantes do norte. Ao pouco de estar alí, achegóuseme un home con toda a pinta de xubilado británico: pantalón corto e camisa media aberta para que a barriga non sufrise de apertamentos, ademais dun cheiro a consumo de bebidas destiladas.
Como estábamos os dous sos comezou a falar comigo preguntándome de onde era, debía de pensar que pasaba unhas vacacións alí fuxindo do clima das illas británicas. Díxenlle que galego da Galicia, debino de pronunciar tan mal, que tomoume por galés. E aí me vin dando unha clase de xeografía ibérica sen un google maps á man para explicar, ante o cal recorrín ao tópicos galaicos como o “Prestige”, the way of pilgrins, as gaitas e similares acontecementos, pero o tío, nada de nada. Entón comezou a dicirme que el era escocés, xubilados dun banco e natural dunha cidade da cal ni me acordo, así que non sei se era independentista ou unionista, pero o que si era é un bebedor impenitente, porque na hora que estivemos falando baleirou unha garrafa de Chivas, iso si, de medio litro. Eu con iso estaría en lista de espera para un transplante de figado.
Este escocés só tiña unha ilusión na vida: acabar os seus días de borrachín en Fuerteventura, tomando o sol e acompañar a bebida cun cigarro puro, dos cales ía ben provisto nunha pitilleira ad hoc. Apenas falaba o idioma das illas e o inglés a cada trago facíaseme máis difícil de entender. Penso que o ensino dos idiomas en vez de perder o tempo en gramática e sintaxe deberían ter una apartado para entender bébedos, porque foime difícil explicarlle que Galicia era unha autonomía, con presidente, Parlamento e secretarías xerais, pero nada, ao final optei por empregar a palabra federal, que se entende ben, incluso con intoxicación etílica.
O que respondeu é que en Escocia non tiñan nada de iso, que coas cámaras de Lores e Comúns chegaba e sobraba. Desta conversa hai varios anos e tempo despois souben da existencia dun Parlamento escocés e até dun ministro principal.
O Reino Unido seguirá sendo unido, aínda que para min como se montan unha cooperativa, como en Cataluña ou o Piemonte. O único que lamentei é que as emisoras estatais recreasen a presenza en Edimburgo de nacionalistas cataláns e vascongados e os do BNG, que tamén andaban por alí, nin saíron en antena.

ESCOCESES E ESCOCIDOS

Te puede interesar