• Viernes, 21 de Septiembre de 2018

Todo ía máis ou menos ben, dialogo, negociación, mecanismos

Todo ía máis ou menos ben, dialogo, negociación, mecanismos de Estado comúns, competencias... descentralizando e desconcentrado. Mais nada fóra do común que non estivese regulado no marco legal da bilateralidade, que ven sendo as regras de xogo para entenderse dúas partes. Camiñábase nunha realidade de pobos que sempre foi a península Ibérica, o Estado é un invento máis ben recente.
Que mellor forma de actuar que aquela administración, de todos, máis cércana fose a que en realidade xestionase o día a día da xente.
Pero entón chegou o PP e mandou parar! Un Partido Popular rancio e botado o monte, fixo traizón á transición, polo menos a súa esencia, a que levou a aceptar o café para todos por moitos, a bilateralidade que deseñaba un Estado a longo prazo de transferencias e competencias compartidas. O PP transformouse no búnker do dogma e dende a súa maioría cargouse a bilateralidade do Estado: recurso contra o Estatut, Lei Montoro de intervención, deixou de convocar os consellos de ámbito estatal, intervención nas caixas, intervención en Concellos e CCAA... É o PP que máis traizoa a esencia do Estado.
Mentres a derita facía isto o PSOE estaba ensimesmado mirando o reflexo do que foi, e nunca voltará a ser. Pero tamén é participe deste cambio, reforma do 135 da Constitución e reforma laboral, os socialistas non só traizoaron o principio de bilateralidade e descentralización, traizoaron á base traballadora do seu partido, e depós dín que son municipalistas.
Compre recuperar a bilateralidade para avanzar no autogoberno e construir unha Europa dos pobos. Non se pode actuar de parte, nin os cataláns nin os comandantes do macizo central do PP, o dialogo é a esencia do traballo de dúas partes, e hoxe poucos apostan polo dialogo, a aplicación do 155 polo bloque de conformistas: PP, PSOE e Cs é a mostra de que os espírito bilateral da transición está morto.
No 2017 non se pode estar a falar de imposición, intervención, unilateralidade... tiñamos que estar cambiando a Constitución, que tiña que estar desenvolta por completo, para avanzar na esencia dos pactos do café para todos: a bilateralidade.
Pregúntome eu logo, quen son os que están facendo trampa?