Un gran lobbie, as políticas activas de emprego

Están en boga as políticas activas de emprego, o señor Iglesias sabe o que son e sabe o que valen, non é un tema menor que sexa fillo de asesores sindicais. Chega con que collades unha das vosas nóminas para saber que estamos a falar dun importante e suculento anaco da tarta da xestión do goberno. No apartado de descontos da nosa folla de salario, ven moi claro un pequeno desconto mensual “cotización formación profesional empresa” ou algo similar. Son poucos euros pero son moitos traballadores e moitos meses, esa é a fonte principal das políticas activas de emprego, a que se lle suman fondos europeos e partidas creadas ad hoc nos orzamentos que en 2019 son 6.000 millóns en total.

Tamén as comunidades autónomas teñen fondos e competencias, a coordinación dos mesmos faise en mesas de dialogo que  se bautizaron algunha vez como  fundacións tripartitas: estado-comunidades, sindicatos e patronal. A súa xestión, a proposición de medidas e a posta en marcha de planes formativos constitúe un potente lobbie de relación fluída entre sindicatos, patronal e goberno. Tamén é unha importante máquina de xestión publicitaria e conta con unha rede de promoción política moi potente: as oficinas de emprego, e Podemos sabe de que vai todo isto.

Falta aquí saber cal é a proposta de Podemos na materia, busquei no seu programa electoral de 2019 e solo existe unha referencia a estas políticas. Unha proposta en relación a que se teña en conta a experiencia profesional no estranxeiro das persoas retornadas, si me permitides, unha pequena parvada política, supoño que o empresario xa mira o currículo de quen contrata, do resto nada, nin unha sola medida nova e nin sequera referencia ao actual e mellorable sistema. 

Da que pensar que nun documento de 150 páxinas soamente se citen esta cuestión unha vez, e da máis aínda que pensar que sexa isto o que bloquee a formación de goberno. Entón para min está claro que a postura de Podemos non é programática nin coherente tampouco clara coa xente é pragmática e partidaria o que lles interesa é manexar este lobbie de relacións entre axente sociais, para ao final facer política clientelar. Por outra banda supoño que a UGT fai toda a presión posible no PSOE para que isto non aconteza, sabe da relación de UP con CCOO. 6.000 millóns teñen a culpa, o resto é teatro.

Un gran lobbie, as políticas activas de emprego

Te puede interesar