Jueves 22.11.2018

Queremos pediatras

as crianzas son case sempre a maior das preocupacións nas familias,

as crianzas son case sempre a maior das preocupacións nas familias, os pediatras son unha sorte de magos que fan diagnoses aos pequenos, aínda que non falen e non expresen os seus síntomas. Unha sociedade ten a obriga que coidar ás xeracións futuras, é lei de vida, e tamén unha realidade da cadea evolutiva, para ter éxito como especie. Son polo xeral ós máis débiles e que precisan máis axuda. Sempre se di que cando es pai ou nai empezas a comprender o que é ter medo, cando un fillo está enfermo, aínda que so sexa un catarro.
A administración é o garante invisible no proceso de crianza, ten que garantir a calidade de vida e o benestar de esta parte tan importante da sociedade, o futuro de Galicia. Neste senso temos que dicir alto e claro, queremos pediatras!! porque todos os días vemos nos xornais que en tal o cal vila ou pobo están protestando porque quedan sen pediatra: Alfoz, Burela, Chantada, Vila de Cruces, Co ruxo... a administración di que non ten médicos dispoñibles, pero todos sabemos que na realidade é unha amortización de prazas para ir aforrando no que non se pode aforrar, a saúde. Xa pasou cos odontólogos e as matroas nos centros de saúde.
Queremos pediatras no rural, queremos pediatras nas vilas e queremos pediatras a 15 minutos de calquera núcleo de máis de 500 habitantes. Iso pediuno CxG no Parlamento en xaneiro e nin PP, nin PSOE, nin Marea, nin BNG apoiaron a proposta, eles saberán. O saldo vexetativo de Galicia é claro e alarmante. Tivemos máis de 13.000 persoas que morreron por riba dos nacementos. Quen pode considerar que é boa xestión de Feijóo equipa, esperar os meses estivais para ir pouco a pouco eliminando pediatras no rural e nas vilas? E está a maneira de fomentar a natalidade e o asentamento no cada vez máis despoboado rural? Por decencia e por coherencia cómpre unha solución a este problema, non se pode xogar cos máis débiles e non se pode facer este dano a Galicia. É ben que cada casa de Galicia poña na fiestra unha pancarta que diga: “Queremos pediatras para os nosos nenos”.

Queremos pediatras
Comentarios