A escusa perfecta

Todos e todas temos como hábito e costume o emprego dunha frase ou “coletilla”, que nos permite saír de situacións que ou ben non nos interesa, ou ben non queremos saber sobre o tema. De feito algún e máis coñecido polas súas celebres frases ou coletillas, que polo se nome propio.
E iso precisamente é o que está acontecer co Goberno Municipal, que adoita poñer peros a toda proposta sobre a que non quere ou non lle interesa saber, cambiar, ou iniciar. Diría incluso máis, se aínda por riba esa proposta ven dende algún grupo municipal como o noso, que resulta molesto, non por nada, sinxelamente por non crer a pes xuntillas os seus postulados e actuar máis como voz da conciencia do que debería ser una autentica política de esquerdas e non só de boquilla, pois nese caso a coletilla que serve de escusa faise máis evidente e incluso publicítanse nos medios de comunicación. Non por nada somos ao único grupo que as súas mocións son cuestionadas polo grupo de goberno na prensa días antes de ser debatidas nos plenos, alegando a posibilidade de que incorran en cuestións non axustadas a dereito. Porque existen outras mocións que puideron incorrer en posibles ilegalidades, involuntarias coma as nosas, das que nada se dixo na prensa, por elo intúo que o feito diferenciador e que dependendo quen as diga cárgase contra eles ou non.
Pero bueno, centrándome no uso das escusas ou coletillas, é demasiado evidente que alegar a falta de tempo para poder dispoñer dos informes técnicos pertinentes, ou para poder evaluar o impacto desta ou aquela proposta, é a coletilla estrela deste Goberno Municipal. Que conste que a falta de tempo curase comezando antes a traballar sobre as propostas dos demais, se de verdade se quere contar con todos como se di.
Pero estamos en contra destas escusas, diría que carentes de razóns, porque creo que hai persoas e familias que non dispoñen de tempo para esperar a que o Goberno pida informes técnicos, porque están a vivir situacións complicadas, moi complicadas, que non precisan de informe técnico para sufrilas. O que de verdade precisan son solucións inmediatas, e axeitadas, que lle faciliten a existencia, que non fagan máis complicado o día a día das familias que non conseguen ingresos axeitados, ou que quedaron completamente desatendidas por efecto dos recortes en dependencia, recortes en prestacións por desemprego ou nas pensións, ou por outras circunstancias. 
O certo é que cando pedimos e logo presentamos a proposta de que se estableza unha serie de bonificacións ao pago dos impostos en base a situación económica das familias, non precisamos de informe técnico que nos diga cal é o efecto ou repercusión da medida, para nos está clara, aliviará minimamente a carga impositiva das familias con situacións económicas apuradas, e podería permitirlles afrontar a multitude de custes de manutención, vivenda, estudos, etc. de xeito un pouco máis cómodo. Claro que si a prioridade é ver en canto se reduce os ingresos do Concello, pois que sexa o que teña que ser, o inxenio debe levarnos a que ó igual cas familias, o Concello debe facer máis  con menos, e buscar outras financiacións ou impostos que poidan compensar en todo ou en parte a bonificación sobre as familias con poucos recursos.
E dende logo non aceptamos como válida a escusa de “que levamos pouco tempo”, pois débese estar preparado para afrontar o Goberno dende o primeiro minuto, ou tal vez cando se prometían as cousas estas non estaban calculadas, sendo así, nada máis empezar xa empezas a solicitar os informes técnicos pertinentes para levar a cabo o proxecto que tanto se anunciou e incluso se prometeu, ou e que non tiñan, non pediron o informe técnico de que ao mellor gañaban as eleccións, ou non tiveron tempo a pedilo, nótese nestas últimas reflexións o sarcasmo que conteñen, pois é incomprensible que 6 meses despois a “coletilla” preferida siga a ser “non hai tempo para solicitar os informes técnicos”.
O que falta en realidade é capacidade de priorizar, pois o feito de bonificar os impostos a quen ten pouco ou nada para pagar, xa sabemos que carrexa unha reducción dos ingresos, para o que hai formas de compensar, pero como eles mesmos din, “tratase de que pague máis quen máis ten”, iso din pero parece que non se creen nin a eles mesmos. E deso existen máis exemplos, como o defender e esixir un tipo de IBI urbano do 0,52 ao anterior goberno, e agora que gobernan dicir que chegarán a ese 0,52 de forma progresiva, eu pregunto, cando dixo a plataforma en contra da suba do IBI que fora de forma progresiva? Pero nesto último a culpa non e só deles, necesitan do voto cómplice doutros grupos que tamén estiveron do lado da plataforma, para agora deixala de “lado” esquecida, igual que os seus compromisos.
En fin, o diccionario e a lingua é rica en “coletillas” e escusas que dan pé a esta forma de proceder, e logo xustificalo.
Este ano aos Reis Magos voulle pedir informes técnicos para que as cousas se fagan máis axiña.
*Voceiro do grupo municipal de Esquerda Unida en Vilagarcía

A escusa perfecta

Te puede interesar