In Memoriam

Coñecin a Rey Fontán (o chamabamos así polos seus dos apelidos ) nas semanas previas as eleccións municipais de 1991. Xa se distinguira antes por xestionar melloras para os seus vecinos da vilanovesa parroquia de Baión diante da Deputacion provincial ou outros organismos públicos e así continuou na sua extensa ( dezaseis anos ) e froitifera etapa de concelleiro. A recuperación do coñecido como Camiño Francés polas beiras do Umia, a ponte sobre ese río que une con Paradela en Meis, a posta en marcha da Comunidade de Montes ou un sinfín de actuacions en pistas, no alumeado, etc. en lugares como Paderne, Mozorin, O Rodo, A Fontenla, Sestelo, Serantes, Framil, San Simon, Pontearnelas e outros.
Sendo edil defendeu, con uñas e dentes, sempre o lugar que representou politicamente. Como calquer ser humano, tamén os que se adican a política, unhas veces con acerto e outras non tanto. Foi un político de raza, correoso pero nobre do que aprendínpero creo que, tamén, o que lle fixen ver e entendeu a importancia do traballo en equipo e a dinámica interna dos partidos.
Carlos sentou as bases para que Baión fora un gran feudo electoral para o PP vilanovés que, despois outros consolidaron. Lembro con nostalxia as reunións que se organizaban co seu equipo de traballo que percorría todos os lugares da parroquia nas campañas políticas e as arengas, brevísimas pero directas, que lles pronunciaba. 
A súa xeneración política de partido en Vilanova a compoñían personas como Julio Varela ou uns xovenes Paco Charlín e Isidro Osorio, entre outros, que traballaron arreo como el para facer do PP unha máquina de gañar eleccións sacando adiante o proxecto político. Na historia de todos os partidos sempre haberá edís anónimos como el. Lástima que Rey Fontán non tivera o recoñecemento á súa dilatada traxectoria na corporación municipal pero estou seguro que o acadou no pensamento dos seus veciños expresado cando nos comicios votaban maioritariamente unha papeleta que levaba o seu nome nos postos altos da lista e representando a Baión.
Hoxe na hora do seu adeus compre lembralo como un traballador da política máis auténtica que é, penso modestamente, a desenvolta a pé de rúa ou corredoira, a carón dos veciños, interpretando os seus desexos e peticións para facelos chegar a quen corresponda e atopar, en cada caso, a solución máis axeitada. Quero unirme nesta hora na dor a Gardenia, a sua viúva, e os fillos Mar, Carlos e Inés. O meu sentimento de pesar e a máis afectuosa aperta. 
Descanse en paz Rey Fontán. 
(*Afiliado PP de Vilanova)

In Memoriam

Te puede interesar