Mirarlle á cara aos problemas

Durante os últimos anos diversas disposicións normativas sectoriais abordaron o que atinxe á celebración de espectáculos ou eventos nos espazos públicos. 
Polo que respecta a Portos de Galicia a tramitación das correspondentes autorizacións administrativas se atopaba  con dificultades pola falla dunha normativa específica. Podía chegarse ó extremo de ter que rexeitar algunhas ante a ausencia dunha regulación aplicable. Cuestión que podría acarrear perxuicios evidentes. 
Diante da situación, desde Portos de Galicia da Consellería do Mar e os seus servizos técnico-xuridicos botamos a andar unha regulación que, presidida pola salvagarda dos intereses do sector marítimo portuario, tivera como eixos garantizar a seguridade das personas e os bens. As explanadas e viais portuarios son espazos de traballo dos profesionais do mar nos que se desenvolven guindastres, grúas, camións, carretillas elevadoras que deben estar regulados.  
En eventos onde se concentran milleiros de personas, nos que hai instalacións desmontables como gradas ou escenarios, utilízanse equipos eléctricos de moitísimo voltaxe, puideran non existir as preceptivas saídas de emerxencia, etc, constitue unha mostra de responsabilidade regular todo ese tipo de cuestións. 
A seguridade e integridade das persoas configúrase como unha prioridade. A ese fin deben poñerse todos os medios posibles. Desgraciadamente están moi recentes na memoria colectiva traxedias como a do Madrid Arena. 
Por todo iso, tamén plantexamos na normativa que as solicitudes se fixeran con moita antelación para supervisar os mais mínimos detalles e podelas implementar. 
Coido que non pode haber ningún responsable político que pretenda celebrar un evento sen as debidas garantías así como, agardo, a ninguén se lle ocorra utilizar estos asuntos para facer política. 
Noutro orden de cousas, están certos eventos de moita menor dimensión ou que teñen que ver con aspectos tradicionais da Galicia costeira. En este caso tamén se regulan para o seu normal desenvolvemento. 
Desde Portos de Galicia actuamos, sempre, desde o máximo respecto as tradicións, co diálogo como norte e desde o consenso cos representantes das comunidades portuarias e institucións que se atopan na contorna dos peiraos. En algunha ocasión pode darse algún cumprimento estricto ou actitudes illadas inflexibles. Sempre como excepción e ante as que pedimos disculpas como ente público. 
Para a posta en marcha da normativa de eventos dirixímonos á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) como representación do municipalismo galego. O facemos sempre que, remotamente, existen cuestións que teñen que ver cos concellos. Teño que dicir que valoramos positivamente o seu papel. Así se fixo coa normativa de referencia. 
Entrou en vigor en setembro do ano pasado e, inmediatamente, se comunicou a mesma por escrito a todos os concellos costeiros, así como ás asociacions, colectivos, entidades e calquer institución que, habitualmente, son solicitantes ou peticionarios de eventos nos espazos portuarios. Xa no mes de xaneiro pasado, desde as zonas administrativas de Portos de Galicia se reiterou, vía telefónica, o que se plasmara por escrito. 
Nas últimas datas se trasladou unha mensaxe de tranquilidade no senso de que a práctica totalidade dos eventos voltarían a celebrarse. Iso si, con todas as garantías para os que participen nelas. 
Eu teño unha longa traxectoria de traballo con colectivos culturais e sociais por extensión. Sei do seu bon facer e síntome valedor dos mesmos en estas ou outras cuestións. Sucede que vivimos tempos nos que, artificialmente, se tratan de inducir polémicas e xerar ruido ó servicio de intereses sesgados. 
No exercicio das responsabilidades existen dúas formas de levalas adiante. Algúns o fan poñéndose de perfil, mirando para outro lado ou sinalando un culpable antes de que xurda un problema. Tamén hai os que tratan de solucionar cuestións, non perdéndolle a cara ós problemas e tratando de racionalizar as situacións sempre en beneficio da comunidade. Eu adscríbome a estes últimos. 

(*) Presidente de Portos de Galicia. 

Mirarlle á cara aos problemas

Te puede interesar