26 millóns

Hai sesudos analistas moi preocupados dende hai tempo por esas cousas tan grandilocuentes (pero tan tristemente baleiras de tanto apelas a elas) como a estabilidade e a unidade da patria, e que escriben continuados e repetitivos artigos que logo repiten en tertulias polas que rotan habitualmente a mesma alineación de opinadores. Este estado oficial de adoctrinamento non nos representa a vostede nin a min, nin tampouco ao hosteleiro mareado e preocupado, nin á nai de familia que sufre para cadrar as contas, nin aos avós que viven da súa pensión e están preocupados para ver se sube ou non.

Por que esa distancia? Pois probablemente porque hai un estado de opinión enfurecido con que o mundo cambie e os tempos avancen. É ese conxunto, pequeno en número pero con grandes altofalantes, o que contribúe en boa medida a que se utilicen calificativos gordos, abusones e deproporcionados no debate público. Aí atópanse boa parte das explicacións de que vivamos nun mundo tensionado e tensionante, no que da grima ver un telexornal ou ver o concurso de quen ten a bandeira máis grande.

Porque segundo ese estado de opinión este país está en risco mundial de gravidade (aínda non sabemos de que) por culpa de xente que merece calificativos longos e de palabras compostas, feísimas e distópicas, como “filoetarra”. Esas palabras, que para unha parte da poboación non significan nada e para outra son unha borrachera de estupideces, tamén provocan un frentismo notorio e alimentan unha polarización brutal e odio irracional. Así pasa sempre que o poder establecido (clásico e hereditario) non se corresponde co poder escollido (eleccións, vontade popular, acordos, política). Cando esto ocurre, este país entra nunha sorte de desprecio constante que atufa á moral apolillada dos que chaman constatemente “ilexítimo” e “inxusto” ao feito de que os demáis teñan, incluso, opinión.

E así, tan simplemente, aparecen os hooligans que lle fan caso a eses que teñen voz para decir cousas sensatas e a usan para crear un “eles” e “nos”, onde por suposto sempre teñen a razón os bos, os de sempre, a xente de ben. Porque se hai opinadores, aos que se encumbra como sabios e intelectuais, que din que hai que acabar cos que non teñen nin idea (sempre os outros), que están rompendo o país e que son golpistas, terroristas e non se que máis “-istas”, entón será que teñen razón. E, cando este argumento cae en mans dalgúns cenutrios, que os hai, que ademáis poden ter un arma, entón empezan a circular opinións de que hai que fusilar a “26 millóns de fillos de puta”.

E si, estou culpando aos que sembran o odio de que exista xente disposta a fusilar a outros por pensar distinto. Porque se nos adicáramos as cousas de verdade e non a facer pomposas columnas e ornamentados discursos con ánimos militares, non estaríamos nesto. E algún día, ogallá non, podemos terminar por lamentalo moito. Moito.

26 millóns

Te puede interesar