A nosa sanidade

Non hai moito tempo que a sanidade do noso país era unha envexa mundial, un exemplo que tantos e tantos países quixeran para sí. Moito e bo aínda queda de todo isto, porque desarmar un sistema tan sólido, con tanto valor, tran querido e tan protexido non é tarefa doada. Pero hai quen o intenta.
Hoxe, España está fora dos 10 mellores sistemas sanitarios do mundo, cousa que non ocorría nos últimos 30 anos grazas a Ley General de Sanidad de 1986 (grazas Ernest Lluch). E os usuarios, nós, colocamos a Galicia como terceira peor sanidade de España segundo nos di o CIS. Os recortes e a vontade de reducir e ser cicateros está mandando ao lixo moito do conseguido entre todos nas últimas décadas.
Neste noso primeiro mundo o mes pasado morreu un home nun centro de saúde porque non había persoal medico para atendelo. Sabemos que hai persoas ingresadas en psiquiátricos que levan 30 anos sen que ninguén acredite que deban seguir alí. Hai mulleres que precisan abortar e que son enviadas a facelo fora porque non se lles quere atender en Galicia. Morreron persoas enfermas de hepatite C porque era demasiado caro medicalas. Recórtanse enfermeiros, médicas, celadores. Vivimos unha espiral de destrozo da sanidade pública, que só se frea porque temos profesionais soberbios, entregados e que se desviven por axudar aos demáis. 
Mentres esto ocurre, os verdadeiros responsables viven acomodados no poder e xogan a escabullirse, a regatear á democracia e a desprezar todo o que non supoña adulación
 Non se trata xa de discrepancia de enfoques ou de matices de xestión. Trátase de salvagardar un dos maiores logros colectivos das últimas décadas, e un dos motores da igualdade social. Un sistema sanitario eficiente e garantista evidencia unha sociedade avanzada que loita contra a desigualdade.Pero se cadra os que desmerecen á nosa saúde pretenden, no fondo, fomentar a desigualdade. O que queira saúde, que a pague, básicamente.
Por eso xa non se pode aguantar máis. É momento de poñer freo. Que se poñan en fila os que queren terminar con esto, e que vaian saíndo. 
 

A nosa sanidade

Te puede interesar