Aire fresco, por favor

Pode ser que sexa a idade, pero teño a sensación de que co tempo voume moderando máis nas miñas formas (eso me din) pero fixando moito máis as miñas conviccións (eso percibo). Non sei se é a maneira máis efectiva de funcionar pero é máis difícil modificar a conduta propia que a allea e, sinceiramente, non me vexo a estas alturas con ganas de disimular.

Estou farto de vivir nun país no que unha certa parte do estatus máis dominante pretende atenazar todo o que pasa, atalo e suxeitar que nada se mova. Estou moi farto de que as mans negras e os fíos invisibles (aínda que cada vez vense máis) pretendan dicirme a min, ao meu veciño, á panadeira, á miña curmá ou ao señor que me cruzo pola rúa o que teñen que pensar e o que está ben opinar e o que está mal. Prodúceme unha inquietude enorme ler, ou escoitar, a caras interesadas falar da súa independencia coma se fosen propietarios da súa pureza e non fosen criticables.

Nesta Galicia nosa vivimos cunha televisión pública que non cumpre a lei que a regula, por exemplo no que toca aos informativos.

E parece que non pasa nada porque funcione con comisariado político a pesares de que os profesionais denuncian manipulación, coacción e acoso. Vivimos nun país no que unha foto do presidente con varios banqueiros fi xo nacer a principal entidade financieira galega.

Pero daquela foto varios acabaron na cadea, o banco regalado a un inversor estranxeiro a prezo irrisorio e o goberno condenado pola
xustiza por ocultar información. E parece que non pasa nada.

Nesta Galicia o presidente veraneaba cun narcotraficante a quen lle concedía contratos públicos e, para tapar iso, anunciou nunha campaña electoral un investimento millonario en barcos dunha empresa mexicana. Pero os millóns nunca chegaron, os barcos nunca se fi xeron, e daquela foto (outra foto) de dous un é un prófugo da xustiza. E parece que non pasa nada. É para estar farto.

Por eso precisamos cambiar e recibir aire fresco, que poida unha nova xeración de dirixentes afrontar a Galicia próxima. Este é un país con tanta potencialidade que non o vai parar ningunha maquinaria de propaganda. Hai eleccións, e hai campaña electoral. E estes tempos serven para expoñer ideas, para contar o que desexas e tamén o que non desexas. Esta campaña está aquí para defender a nosa sanidade, os traballadores do mar ou do turismo, para deseñar a protección dos nosos maiores que claramente fallou e para reactivar un país que moito traballa e ao que ninguén ten dereito a amordazar.

Aire fresco, por favor

Te puede interesar