Andre Agassi na súa transición (española)

 tenista Andre Agassi contaba no seu fantástico libro de memorias “Open” que, sendo neno, perdeu unha final porque seu rival, Jeff Tarango, mentiu sobre se unha bola entrara ou non. Probablemente a Tarango non lle gusta que o lembren por iso agora, pero fíxoo, mentras que Agassi superou aquelo e converteuse nun mito do tenis.
Estou convencido de que case ningunha persoa, se sometese a un estudio minucioso a transición política española, se atoparía a gusto e conforme con todo o que se fixo. Aí está a chave. Un acordo que deixa totalmente satisfeita a unha parte non é un acordo, é unha victoria. E as victorias deixan perdedores. Eu agradezo e síntome orgulloso da xeración que política e socialmente construiu a España da transición e a democracia actual. 
Comprendo que os partidos votasen a favor da monarquía (maioritariamente, que non na súa totalidade) aínda que me sinta profundamente republicano e desexaría poder decidir pronto sobre elo. Comprendo a conformación do Título VIII da Constitución, sobre as autonomías e o modelo de Estado, aínda que crea que necesita unha reformulación. Comprendo a bandeira, o himno, a posición dos militares. Como tamén comprendo que se entendese a necesidade de legalizar os partidos, de iniciar os procesos electorais, a conformación das institucións dende criterios democráticos e a apertura social. Comprendo e celebro os avances sociais recollidos no 78, pero eso non impediu construir máis dereitos civís, e os que quedan aínda.
Creo que a Transición estivo ben? Por suposto. É mellorable? Si, dende o noso punto de vista actual. Cabe xulgar as decisións no seu momento, no seu contexto, e iso non é incompatible con querer avanzar. Por eso creo que son compatibles as aparentes contradicións antes sinaladas. Porque é fácil mirar agora con gafas de século XXI para o feito entón, pero é inxusto.
España necesita unha segunda transición. Hai tempo. Que nos leve a unha sociedade máis formada e máis esixente aínda en termos políticos, que demanden e actúen para ter políticos á maior altura posible. Unha sociedade máis aberta, con maior claridade sobre o seu pasado para poder construir mellor o futuro. Por iso estou a favor de sair do grupo de China, Corea do Norte ou Rusia que homenaxean aos seus dictadores en monumentos públicos. E xa estamos tardando hai tempo en levantalos. E iso non me obriga a querer revisar a Lei de Amnistía que, entre outras cousas, foi unha reivindicación de quenes loitaban contra aquel franquismo oscuro e despreciable.
Non se trata de reescribir a historia que desgraciadamente viviron hai dúas xeracións, e valientemente acordaron hai unha, senón de mellorar o posible para construir a nosa. Anclarse en deixalo todo como está é demasiado conservador para ser produtivo; cambialo todo porque nos creemos mellores é demasiado soberbio. 
Un último apunte. Leo moito que “hai moitas cousas máis importantes que andar a revolver na tumba de Franco”. Estou moi de acordo, pero puntualizo dúas cousas. Primeiro que non so de economía se fai un país. Tamén de dereitos e identidades. Fundamental. Segundo, resulta curioso que ese argumento sexa habitual dos que non fan outra cousa máis produtiva que falar deso. Por sorte aínda se poden facer varias cousas á vez. Debe ser que o demáis vai ben. Como a Agassi, que lembra o que ocurriu e non olvida mencionalo para que se saiba o que pasou, pero tamén sabe que aquelo lle fixo mellor xogador e non cambiaría a súa vida tenística por querer gañar aquel partido.

Andre Agassi na súa transición (española)

Te puede interesar