Sábado 23.03.2019

Antivacinas? Non. Pobreza!

Non hai, polo menos polo de agora, un problema de movemento antivacinas no noso país. Decir o contrario é alarmar innecesariamente, e tamén afrontar dende un diagnóstico errado a situación.

España ten una taxa de vacinación bastante elevada, por riba do 95% no caso dos menores (que é a franxa sobre a que máis nos preocupamos, como é obvio). Estamos por riba da media europea, incluidos países que asumen a obrigatoriedade de vacinar aos menores. Tampouco é máis efectivo a nivel clínico. Francia obriga a vacinarse da difteria, e sofriu case a metade dos casos de toda Europa. Situacións parecidas ocorren co sarampión en Romanía ou o tétanos en Italia. 

Onde está o problema? En que esa pequena porcentaxe de menores non vacinados está moi localizada. Son os barrios marxinais das grandes cidades, son as poboacións excluidas socialmente, son os nenos de difícil escolarización, son os fillos e fillas de inmigrantes en situación irregular… O caso de menores non vacinados por unha ilóxica crenza dos seus proxenitores é, realmente, ínfima. Non é un problema de que existan antivacinas, o problema é que hai pobreza. E a pobreza leva á exclusión.

As vacinas obrigatorias en menores é unha mala medida? Difícil decir que é mala, porque o intento de ampliar a cobertura sanitaria parece un bo fundamento. Pero é ineficaz e supón matar moscas a cañonazos. Non é ese o camiño e, probablemente, non aumentará o número de nenos e nenas que se vexan vacinados. O problema seguirá sendo que hai contextos sociais que viven con dificultade, excluídos da realidade que para os demáis parece común, e que a sociedade os acurruncha en guetos e olvídase.

Eso si, que hoxe non exista o problema non significa que non debamos ser precavidos. Debera ser digno de potente autocrítica que representantes públicos amparen os discursos antivacinas, ou que a televisión pública sirva para que un indocumentado na materia diga que o autismo e as vacinas teñen algo que ver. Eso si é preocupante. Para quen o di e para quen o escoita. Obrigar a vacinar pode, incluso, crear mártires antisistema, e case sería máis perigoso.

Antivacinas? Non. Pobreza!
Comentarios