Brasil como bandeira

xamáis a violaría. É moi fea”. Esta é unha máis da multitude de imbecilidades despreciables que o novo presidente de Brasil, Jair Bolsonaro, ten pronunciado con aires de grandeza e, o que é peor, xaleado por numerosos seguidores. 
O problema radica no que a ultradereita (Brasil, Hungría, Italia…) está a conquerir, e o seu forte e preocupante avance. Estamos ante un enorme problema social, que utiliza a dor e as dificultades das persoas que o pasan mal para alimentar o odio. A Historia ensina que ante as crises e os problemas teñen aparecido persoas malévolas, que manipulan e aproveitan a desesperanza para facer crer que a solución está únicamente en proteccionismo, xerarquía e poder. Sobre todo poder, pero nunca para os que sofren esa desesperanza, sempre para outros, para eles. O proceso é simple e eficaz: diferenciar grupos, etiquetalos, encontrar un grupo ao que botarlle a culpa e proclamar a ira contra eles. Nada une máis que un enemigo común. Permite sentirse inocente, puro, vítima dunha conspiración inxusta. Poucas cousas hai máis contraditorias que o purismo.
Estamos rodeados de populismo. Contra os inmigantes, como Salvini, Orban ou como fai Vox en España. Contra a política, como Trump. Contra a Unión Europea, como Farage. Contra os pobres, como Bolsonaro. Contra os judíos, como fixo Hitler. Contra os “roxos” como fixo Franco. Ofrecen orden, autoridade, xerarquía…sempre prometen o mesmo. E, ao final, son perseguidores do poder para manter un status quo inalterado e inalterable. Fomentan o odio. Alimentan o enfrontamento, porque viven do conflicto. Son protagonistas dun mundo en permanente trincheira, e ata alí nos queren levar. Un sálvese quen poida no que perderemos case todos e gañarán uns poucos. A dereita levada ao extremo. E os extremos non tenden a ser bos. 
A dereita, en si mesma, é en realidade unha ferramenta de combate contra a ultra-dereita. É preciso que se manteña firme nas posicións que os seus seguidores buscan, e que non contribúan a alimentar o conflicto social e o enfrontamento. Fai falta unha dereita moderada, prudente, capaz de sentarse a falar e negociar, de ceder se fai falta e de gobernar con sentido colectivo se lle corresponde. A pesares diso da a sensación que a dereita quere combater aos extremismos sendo extremista. Inconcebible. Perigoso.
A esquerda política non é absolutamente inocente, claro. A renuncia dos conceptos de patria, incluso de símbolos, e a concesión de valores como eficiencia, austeridade ou estabilidade para outorgalos á dereita ten sido un autosometemento do que nacen moitos clichés que hoxe son perigosos. As puntuais debilidades electorais teñen sido resoltas pola esquerda aceptando que todos os discursos valían para un “cordón sanitario permanente”, mentres que de maneira sutil, ás veces imperceptible, e con perspectiva a longo prazo, se teñen instalado ideas de apariencia “cool” que empurran a rexeitar valores que deberan ser colectivos. Pero, ao final, é imprescindible lembrar que todo espazo que non se ocupa, é entregado a outro. Teñamos coidado. Estamos xogando con un fogo que pode queimar moito do construido.  
Postdata. Eses aparentes milleiros de futuros votantes de Vox en España, a quen votaban antes?

Brasil como bandeira

Te puede interesar