Cando non hai historia, hai histeria

Cada ano máis temprano chega un momento en que, a  pouco de pasar o verán, aparecen o turrón e os polvoróns no supermercado. É o dato definitivo de que chega o Nadal (para satisfacción dalgúns e pesadilla  doutros). Pois cada 4 anos, cando comezan a aparecer unha sucesión de novas nos periódicos de partidos políticos que critican todo, todos os días, a todas horas e por todas as razóns, é que se achegan as eleccións municipais.
Ocorre con precisión meridiana e infalible. Collan vostedes unha semana seguida de Diario de Arousa de hai 3 u 4 meses, e collan calquera das recentes, e ademáis das cousas do día a día que os cidadans imos lendo según se van contando, atoparán unha diferencia sustancial. Agora coñecerán cada bache, cada farola e cada parede mal pintada que haxa no seu Concello. E todo elo será unha debacle, un desastre, un exemplo dos males maléficos do universo. Quen o di? Os mesmos que hai 3 ou 4 meses nada contaban sobre o asunto.
Hai unha moi mala costume en política, na que se cae constante e repetidamente: creer que a crítica ten máis valor que a proposta. É triste observar agora como comezan, nerviosa e compulsivamente, a aparecer esas críticas por calquera cousa, baratas e pouco fundamentadas, e que o único obxectivo é saír moito nas fotos para que me coñezan en maio cando cheguen as eleccións. Hai que tomar á cidadanía por persoas formadas, intelixentes e capaces de discernir entre os equipos e os proxectos. Porque un pode estar de acordo máis ou menos co goberno da súa vila, pero calquera pode ver que hai concelleiros/concelleiras que estiveron traballando sobre os temas, coñecendo ás persoas implicadas nos problemas, reunidos con colectivos, xestionando ante as administración e enfrentándose a quen quixeran ningunear aos seus veciños.
Hai que ter historia detrás, traballo, que os hai entre os que fan goberno e entre quen fai oposición. Hai quen traballa polo seu pobo dende outras institucións, hai quen continuou dende o principio facendo esa labor fría, oscura e difícil de pasar os invernos chegando tarde a casa por estar reunido con xente. Pero tamén os hai que queren chegar a mesa posta, o que significa que non comprenden moito a súa labor. Podo ocorrer incluso que haxa quen aplaudía o goberno da  súa cidade públicamente hai non moito, e agora que se presenta de candidato parécelle todo mal. Cando se achegan os tempos das eleccións, é bo ter unha bagaxe sólida, unha historia detrás. Se non e así, un pode caer en querer destacar por criticar cousas todos os días, ou incluso por dar roldas de prensa para insultar aos contricantes (hai impresentables para todo). Como os malos estudiantes que se metían atracóns de estudiar o último día e chegaban aos exames sen durmir e moi nerviosos. Algunha vez podía funcionar, pero a histeria repentina non é boa.

Cando non hai historia, hai histeria

Te puede interesar