Casas, sedes, usos

Durante os últimos días coñecéronse en Arousa algunhas noticias que terían un interesante fío común para contar unha historia. 

Unha iniciativa recente da Fundación Galega contra o Narcotráfico ven de promover que a unión social e política rexeite aquela imaxe desta terra que tanto costa sacudirse. Son iniciativas que proveñen de quen sufriu os anos duros, e que recollen a aprobación emocionada de persoas, coñecidas e anónimas, que puxeron hombreiro con hombreiro cando era un risco profundo. A todas elas nunca lle estaremos de todo agradecidos.

Coincidentemente no tempo o Concello de Vilagarcía ven de adquirir, con un importante investimento, unha casa incautada a Marcial Dorado, ése ao que algúns chegaron a chamar “empresario de éxito” no seu momento. Esa casa será adicada a uso social, e preservará un espacio inmellorable no centro da vila. Nos mesmos días soubemos que o PP de Cambados, o PP de Aragunde, Cores Tourís e Rueda, ten unha sede nun local a nome de Terito. Son dúas historias, dúas ideas. Simbólicamente, son dúas concepcións de moitas cousas.

Probablemente o intento e vontade de separar o nome de Arousa do narcotráfico, e da imaxe idílica que se pode chegar a transmitir, resulta imprescindible. Eso si, difícil vai ser ante esa connivencia, incluso tolerancia. 

Non se trata aquí, nin agora, de reanalizar militancias, medallas de ouro, asociacións ou alcaldes condenados por aquelas historias que debemos afastar (aínda que non esquecer para non repetir). Trátase de que costa moito asistir ao descaro que teñen algúns para poñerse de primeiros nas fotos mentras teñen sedes así. Pero non se preocupen, seguro que pronto os veremos. Eso sí, eu prefiro ver fotos entrando en casas que eran de narcotraficantes para darles usos sociais, que ver fotos de relacións sociais nos iates dos narcotraficantes. Cuestión de gustos.

Casas, sedes, usos

Te puede interesar