Dudar é unha virtude

Trump ofrece diabólicas conviccións sostidas no absoluto poder. Putin dirixe un país alonxado de todo entendemento e diálogo con quen deberan ser os seus interlocutores. Salvini promove o odio ao diferente soamente polo único feito de selo e négase a chegar a acordos. Incluso en España (ou especialmente) vivimos conflictos onde falar está tildado pouco menos que de traición, como ocorre en Catalunya onde hai unha sociedade fracturada que non vai mellorar a súa convivencia si se mantén a dialéctica do enfrontamento.
Temos chegado a un punto tan desnortado na convivencia social que asumimos que dialogar con quen non pensa coma ti é unha evidencia de debilidade, un síntoma de pouca claridade ou, o que é peor, unha antesala da concesión sumisa de perdedor da guerra. Coma se dunha batalla se tratara, permitir un espazo para escoitar está criminalizado. Se asumimos que os liderados deben construírse en base a posición inflexibles estaremos abrindo a porta ás declaracións grandilocuentes de ególatras, vestidos de emperadores, que pregoan verdades absolutas coa mesma facilidade con que se poden pedir un café.
Non se trata, en ningún caso, de defender que hai que relativizar todo e renunciar ao que cada un pensa. En absoluto. Máis ben ao contrario, pois tampouco cabe escapar da realidade de que as verdades se constrúen máis firmemente a partir das dúbidas reflexionadas que das conviccións ficticias. Un antigo proverbio grego cita que “o que nada duda, nada sabe”, pero resultamos vivir en tempos en que hai que aplaudir as verdades máis por ser gritadas que por ser razonadas. 
O purismo é o mal endémico que invade a sociedade actual, especialmente a política. Todo debe ser puro, virxe, propio da raíz máis fonda. E por iso a pureza é un camiño directo cara a exclusión, pois sempre haberá quen considere que a súa postura é aínda máis auténtica que outras, e a tendencia natural será a destacarse. Como construímos unha sociedade se nos baseamos no pensamento monolítico da pureza e o dogma? Imposible. Nada se pode construír sen o outro, sen o de enfrente. Por eso hai que fuxir da pureza, porque aínda que aparente ofrecer a seguridade da moral máis digna non é máis que o refuxio de quen non é capaz de dudar en ningún momento. E non hai nada máis perigoso que alguén que nunca duda de nada. Ou non.

Dudar é unha virtude

Te puede interesar