A falacia da lista máis votada

A democracia non é unha partida de póker na que o gañador leva todo e os demáis perden todo o que apostaron. Por sorte, e por lóxica, non o é. Poderíamos aplicar para esta argumentación numerosas razóns sobre o sistema electoral que temos, sobre o feito de que eleximos representantes e non directamente presidentes ou alcaldes. Si, poderíamos. Pero é inútil. Incluso poderíamos recordar que a liga de fútbol non a ten que gañar quen máis partidos gaña senón quen máis puntos suma. Por poder, poderíamos decir que termina por gobernar o que menos votos ten en contra, que é unha maneira simplista e facilona de reducir o debate.
Quen defende esto de que “hai que deixar gobernar á lista votada” faino a sabendas de que non ten realmente sentido no sistema en que vivimos. Faino Feijoo, demasiado acostumado a decir o que lle pete intentando confundir para non asumir os seus problemas. Un escapista de problemas, de manual. Defende Feijoo que debe gobernar a lista máis votada pero en Catoira o PP está desesperado por que non ocurra. Xa non me paro en que pasará en Madrid, como pasou en Andalucía ou, paradoxas da vida, como pasou no propio PP onde Pablo Casado dirixe hoxe o partido sen ter sido o máis votado nas primarias. Outra cousa é a onde o dirixe, pero diso falamos outro día.
O problema de utilizar argumentos populistas e demagogos como o da lista máis votada é que confundimos, desprestixiamos o sistema. Non lle importa aos Feijoo da vida, que so creen nunha convivencia democrática que respete as normas…se lle veñen ben. E, se non, alimentamos instintos primarios reducindo os debates ao absurdo. Eso non só carece de ética se non que é perigoso. 
A democracia fundaméntase na protección das minorías. Pola contra, o discurso simplista de que goberne a lista máis votada (lembren: só onde interesa) ataca ferozmente ese principio. Por eso a democracia asamblearia extendida a calquera decisión ten problemas, porque convírtese na dictadura da maioría. O populista Feijoo asociado coa democracia asamblearia que tanto critica…cousas veredes.

A falacia da lista máis votada

Te puede interesar