Fotos

Os que somos pouco fotoxénicos sabemos que se hai unha cámara diante debemos esforzarnos por sair pouco, ou facernos os despistados, para poder ter unha xustificación. Non hai celebración familiar, festa de amigos ou noite perdida na que non haxa de repente un móvil furtivo sacando unha foto que, cando chega a mañan seguinte, non queres ver. En realidade, á mañán seguinte a moitas noites é mellor non recordar certas cousas.
Hai outras fotos nas que non se debe saír, aquelas que se fan no momento inadecuado con quen non se debe, pero que ademáis se fan con sorriso amplo e vocación de portada de actualidade. Hai exemplos abondo. Onte venres, por exemplo, Feijoo fio correndo a Andalucía a facerse fotos aplaudindo ao novo presidente andaluz, sen importarlle que nesas fotos sairía tamén Santiago Abascal, un ególatra con aires de libertador que non debera chegar nin a nivel de tertuliano do corazón. Esa foto non lle importa a Feijoo, nin a todo o PP. Pero claro, o historial de Feijoo coas fotos xa e perigoso, pois seguro que vostede o lembra naquel iate cun (mal) coñecido das nosas rías que todo o mundo sabía ao que se adicaba, especialmente o propio Feijoo. Nada que non fixeran antes (e probablemente tamén despois) outros insignes próceres da dereita, que viñan a esta comarca a compartir tempo, risas e fotos, con notorios persoaxes retratados con crudeza en libros e series de televisión recentes. 
Sen tantas pretensións, pero tampouco con gran acerto, unha foto inaugurou un pelotazo empresarial en Arousa, do que aínda nestes días soubemos novas e decadentes noticias. Son 60.000€, 10 millóns das antigas pesetas, os que o pádel do Porto debe aos cartos públicos e que se querían esconder. Ese negocio que contou co apoio de quenes saíron naquela foto que o inauguraba, tras regalar terreos públicos por 60 céntimos metro cadrado a 25 anos, e iniciar obras sen licencia, está tratando de escamotear 60 mil euros que son de todos. 
Aquel burdo pelotazo o celebraron, a golpe de pala de pádel, un empresario involucrado en incontables xuizos de fraude fiscal de varios millóns e o alcalde que o fixo posible. Hai máis persoas naquel retrato, que a saber se hoxe preferirían facer como naquela película Regreso al Futuro e cambiar o pasado para borrarse da foto. Por eso hai que pensar dúas veces en que fotos quere un saír. Que despois todo se sabe.
Tan importante como saber onde hai que estar  é saber onde non hai que estar. Ás veces, incluso máis.

Fotos

Te puede interesar