Pero houbo algunha vez 6.000 rastrexadores?

É posible que o debate político teña, en moitos ocasións, formulacións complexas e enredos normativos, de competencias e de argumentos enrevesados. Outras veces, non entando, sorprende pola súa simpleza. A experiencia persoal lévame a pensar moitas veces que a primeira cuestión sexa máis produtiva que a segunda en termos de eficiencia, pero a segunda o é en termos electorais.

Se hai un elemento chave para conter esta segunda onda, e futuras, da pandemia está nos rastrexadores. Son eses profesionais que fan seguemento aos aillados por positivos, que tratan de localizar aos contactos para cercar ao virus, e que os contactos fagan probas, manteñan as precaucións extremas e eviten a expansión da pandemia. Esta labor, que implica estar en contacto con milleiros de persoas, é unha tarefa complexa que esixe habilidade interpersoal, coñecemento do entorno e/ou capacidade de resposta rápida. Necesitamos rastrexadores e rastrexadores bos, persoas formadas para conter a pandemia. Podemos telos pero...existen?

En maio, dous meses despois da explosión da pandemia, iniciando a contención e prevendo a segunda onda, a planificación dete equipo de profesionais estaba enriba da mesa. Escoitamos por entón o anuncio de que en Galicia habería 20 profesionais. Para seguir a milleiros de persoas. Hábilmente incrementouse rápidamente, pero só a 50. De aí, en poucos días, e ás portas dunha campaña electoral, a cifra foi anunciada solemnemente polo Presidente da Xunta (en rolda de prensa televisada pola TVG) e saltou a sorpresa: 6108. Non eran poucos, e eran exactos. Como é posible ese aumento radical e xeométrico? Quen son? Como se formaron? En que condicións traballan? E fíxose o silencio…que durou 4 meses.

Hai poucos días escoitamos a única novidade sobre o tema, que consistía en considerar que claro que calquera profesional de atención primaria era rastrexador, porque “metían os datos nun ordenador” (Núñez Feijoo, Pleno do Parlamento, 3 de setembro). 

E saltou a banca coa nova versión oficial, que afirma que non se pode decir cantos rastrexadores hai porque, realmente, “ese posto de traballo como tal non existe” e que “debería decirme que é un rastrexador” porque eso é moi difícil de definir. (Conselleiro de Sanidade, Pleno do Parlamento, 23 de setembro).

É imposible contar nada máis. Simplemente volver á reflexión de que a simpleza, o relato falaz, a posverdade e a manipulación da información igual son máis produtivas que o que un pensa. Quen sabe...

Pero houbo algunha vez 6.000 rastrexadores?

Te puede interesar