Impresentable para todo

oitas persoas preguntáronme estos días por quen era ese señor, que seica era Alcalde de Vilanova de Arousa, e que tiña dito unha auténtica burrada chamándolle “chacha para todo” á Presidenta da Deputación de Pontevedra. A verdade é que resulta difícil explicar quen é sen apelar a ningunha das súas constantes indecencias. Si, constantes. Porque a incontinencia verbal á que ten acostumadas ás persoas que teñen que escoitalo (por desgraza moitas veces), xa nos ten amosadas outras declaracións do mesmo nivel de fango. Por lembrar, non hai tanto tempo que lle adicou a unha concelleira socialista de Vilagarcía que “lo que tenía que pasarte era que te pusieran un burka esos amigos islamistas que tenéis en tu partido”. E así.
A preocupación está nas verbas, claro. Pero non so. Tamén o está en quen ten a capacidade de decidir sobre a súa posición, na organización que o ampara e incluso en que o alienta, que os hai. As verbas son graves polo que din, e tamén polo que significan. Un representante público insultando con tal desprecio, e facéndoo ademáis con displicencia, con clasismo bochornoso e vomitivo, é un símbolo de decadencia. Contoume un vello e sabio mestre hai tempo que facíamos mal en pensar que cando falamos de Educación estábamolo facendo sobre as escolas, porque se non somos todos parte delo entón estamos fracasados de antemán. As verbas de Gonzalo Durán tamén falan de educación. Da horrible, da indecente, incluso da ausente educación. O problema está en que as súas verbas falan da súa educación, inexistente, pero que permaneza no seu cargo fala da de toda a sociedade. E iso é moito máis serio.
Porque si, a súa permanenza no cargo é unha ferida que non cicatrizará, por moito que no seu grupo crea que se vai pasando o tempo xa se olvidará. Nun deses pisos de universitarios nos que se podería filmar unha película de David Lynch vin unha vez uns primerizos que aforraban de barrer, porque ían dando patadas aos restos de comida para debaixo do sofá. Non tardaron moito en ter que enfundarse roupa que logo houbo que tirar para limpar o ecosistema que alí se creou. Esconder o indecente non o fai desaparecer, so lle permite seguir xerando indecencia. 
Pero a cuestión é que eu tiña que responder a quen me preguntou sobre quen era este Alcalde de Vilanova. E tras explicarlle que Vilanova é un lugar fermosísimo, que ten todo a man e que no que é magnífico tomar un viño fantástico mirando un mar inigualable, tívenlle que contar o único que se podía decir sobre tal persoa, que é que estaba ante a mellor oportunidade da súa vida para facer algo que mínimamente dignificara o seu paso pola política: marcharse. 

Impresentable para todo

Te puede interesar