Liderar en tempos de crise

estes días nos que todo é distinto e a nosa vida cambiou, probablemente para cambiarnos a propia maneira de ver a nosa vida, leo moitas opinións e informacións sobre liderados, autoridade e toma de decisións. 
Hai dúas fontes do liderado: o poder e a influencia. O poder outorga liderazgo, por autoridade de mando, por capacidade imposta. Probablemente moitos e moitas de nos entramos nun estado de maior tensión ao ver ao exército nas rúas das cidades nestes pasados días. Eso é a autoridade, que envía unha mensaxe coa súa presencia. Tamén haberá que lembre ao seu xefe, a aquel profesor duro e esixente no colexio, ao entrenador que tiña mal carácter ou a avoa coa zapatilla cando facíamos algunha trasnada. O poder é unha ferramenta de liderado, pero con dificultades. Vence, pero se cadra non convence.
A influencia é máis sutil, e ten que ver coa empatía, coa eficacia probada, coa capacidade de entender os momentos e de abandeirar ideas a priori imposibles. É un liderado máis estable e moito máis decisivo, pero tamén moito máis difícil. Porque influír precisa dedicación e comprensión, e non exercicio puro do poder. As crises, por definición, precisan autoridade. Nos incendios mandan os bombeiros e se un barco afúndese manda o capitán. Non hai asembleas que facer, non hai debates que ter. As discusións son antes, ou despois. Ou ambas. Pero non durante.
Por eso fascínanme os que piden liderados pero, ao mesmo tempo, pasan o día criticándoos. Queren autoridade, pero sempre que non limite a súa (ou a que cren ter). Queren decisións, pero sen dúbida o que en realidade queren son as súas decisións. Porque todo é “sentido común” sen esquecer que o problema do sentido común é que cada un ten o seu.
Sabemos de dereitos, pero menos sabemos de obrigas. Todo o mundo quere decidir pero ninguén asumir as consecuencias das decisións. E sobre eso tamén tratan os liderados, que aceptan (ou deben aceptar, polo menos) ser a cabeza visible dos problemas e das frustracións. Decía Bakunin que destruír é unha paixón construtiva, polo que é posible asimilar que xestionar as frustracións é un bo camiño para xerar ilusións. E diso van tamén, ou sobre todo, os liderados. De aguantar e de ter a capacidade de xerar unha ilusión cando todo é negativo. Porque a autoridade non ten por que ignorar a empatía. Por iso eu sigo convencido que os liderados nesta crise non están nas críticas, senón na capacidade de tomar decisións que nos convenzan de que superaremos esta situación na mellor das condicións que nos sexa posible. Tempo haberá para outras cousas.

Liderar en tempos de crise

Te puede interesar