Menú de culpables

sturias ou a Comunitat Valenciana teñen un protocolo de inicio de curso escolar deseñado e coñecido dende hai semanas. A pregunta é: por que noutras CCAA non é así? Seguramente que existen varias explicacións, e sen dúbida serán de interese, pero non deixa de ser sorprendente que pareza existir máis intención en atopar escusas e culpables que en procurar acordos e solucións.
Resulta decepcionante ver como a intención ante a incerteza, perigo e preocupación que supón a volta ao curso escolar en tantos niveis (dende os máis pequenos ata a universidade) é utilizada como arma arreboladiza entre dirixentes que, precisamente, teñen a competencia para xestionalo. É comprensible sentirse temeroso, ver as dificultades e asumir que se poden cometer erros. Pero eso non invalida a ninguén, porque non se pode pedir aos políticos dirixentes que sexan perfectos, pero si que sexan decididos e traballen para resolver. 
A pesar de todo, non estamos vendo solucións, e si que vemos (en Madrid ou en Galicia, principalmente) un menú de culpables. Vostede pode escoller, incluso, a quen lle bota a culpa. Nas últimas semanas ou meses levamos escoitado que o problema de non ter materiais era do Ministerio de Sanidade, que o problema de que houbera materiais sen control tamén era do Ministerio. Que non se confinase á poboación era problema do goberno de España, pero que se mantivese o confinamento e o estado de alarma tamén era problema do goberno de España. Que se permitisen aglomeracións, era culpa de Pedro Sánchez, pero que non puidese haber verbenas tamén era de Pedro Sánchez. Que existisen rebrotes no verán é culpa de alcaldes e alcaldesas que non vixían, dos locais que se saltan a norma e dos cidadáns que son irresponsables. Que non se coñeza suficiente sobre o virus é da Organización Mundial da Saúde. E, por suposto, que unha Comunidade Autónoma non teña un plan para volver as aulas (pero outras si) é culpa...do Ministerio de Educación.
Ás veces un pregúntase como é posible chegar a tal nivel de frivolidade, pero ben é certo que todo funciona se a publicidade e a propaganda están ben deseñadas. E aí hai verdadeiros mestres, ben engrasados con financiación, que descubriron que é máis rendible a curto prazo ser maquiavélico que resolutivo. A longo prazo non, pero chegados a este punto parece que o longo prazo é un lugar demasiado serio como para pensar nel. E así van as cousas.

Menú de culpables

Te puede interesar