Ningunha persoa é ilegal

O primeiro ministro húngaro Viktor Orban afirmou, hai poucos meses, que “a inmigración como dereito levaranos a unha humanidade primitiva” e aposta forte por pechar a Unión Europea fronte os países “de fora”. Hungría é un dos membros máis novos da UE (dende 2004) e cabe preguntarse que ocorrería se esa misma idea hermética da UE se aplicase antes de que Hungría fose parte.
O ministro italiano Salvini propuxo que a inmigración a Italia chegara so en avión, o que evidencia unha das maiores miserias do conflicto identitario que é esconder a realidade: é unha cuestión de cartos. Se podes vir en avión, fantástico. Se tes que chegar en patera, eres unha ameaza. 
Donald Trump, fillo dunha inmigrante escocesa, separa a nenos e nenas dos seus país nas fronteiras e aspira a un muro infranqueable con México, pero non ten ningún problema cos cartos rusos aínda que proveñan de fontes oscuras. 
En España, país cunha longa e consolidada tradición de emigración, salta de novo o debate identitario como resorte para mover a conciencia do proteccionismo. A ameaza do externo, a conservación do propio fronte aos ataques e o sentimento de inseguridade alimenta as emocións máis primitivas. Apelar a eso, despertalo, supón un exercicio de irresponsabilidade maiúsculo que, non entanto, parece non importar aos que non teñen problema en someter a unha sociedade ao bochorno de ter líderes políticos que hoxe din que non están invadindo os africanos e mañán se pasean buscando unha man africana que saudar.
Patrañas. Non hai ameaza do noso sistema económico pola chegada de inmigrantes. Non temos un problema de mercado laboral por elo, non hai unha masificación real do país por esta cuestións. Non. Obvivamente, esto non debe facer que nos desinteresemos, nin que asumamos que como non é un problema non necesitamos atendelo. Hai que facelo, si, pero para resolver o gran problema. O de que miles e miles de persoas teñan que camiñar centenares de quilómetros, meterse nunha patera e cruzar o mar sen rumbo e sen ningunha seguridade de chegar, solo porque necesitan fuxir do seu país. A inmigración que hoxe coñecemos de África a España é un drama. Si. Enorme. Pero o drama non é aquí, está do outro lado do mar. 
Ningunha persoa é ilegal. Asumir eso, e aceptar un discurso identitario fainos, hoxe, incompatibles cos valores máis humanos. Moitos tivemos a inmesa fortuna de nacer neste lugar do mundo. Considerar que eso nos da dereito sobre a terra, ou sobre a vida dos que naceron noutros lugares, é un triunfo do renacido nacionalismo excluínte, agora do século XXI, o que promoven os Trump, Orban, Salvini, Casado ou Rivera. O nacionalismo que esconde clasismo, que aprecia a cada persoa polo valor da súa conta corrente, o que miraría con altanería a un Mohammed que vende bolsos artesáns na rúa pero que aplaudiría a un Mohammed que vende bolsos caros feitos a partir da explotación de nenos en algún país lonxano. O que pretende sinalar xitanos en Italia, como se marcaban xudeus en Alemania.
Corremos o risco de creer que por ser distintos somos mellores. Olvidaríamos, entón, que outros poden facer o mesmo con nos e entón nos parecería horripilante. Pero semella que é máis fácil sentirse superior, e por iso non hai nada máis cobarde que os que fan diferencias entre as persoas para sentirse superiores. Non hai que ter un máster para saber que meter medo aos demáis para gañar algúns apoios é moi perigoso, pero parece que tocan tempos de líderes irresponsables. Ollo.
 

Ningunha persoa é ilegal

Te puede interesar