Pensa global, actúa local

De tantas veces que decimos que a pandemia que estamos vivindo cambiará a nosa maneira de vivir  imos a gastar esa idea. Incluso aínda que moitas persoas, estou convencido, din tal cousa pero no fondo non acaban de crer que non chegue un día en que pareza que todo se acabe, como se o árbitro pitara o final e poidamos invadir as rúas novamente. E non será así. Nin sequera sabemos como será realmente. 

Con todo, poderíamos caer no erro de pensar que estos cambios de vida non teñen moito que ver con nós, coa nosa conducta habitual. E nada máis lonxe da realidade. O noso hábito cambia o hábito dos nosos veciños, e viceversa. Así que debemos prepararnos para exercer maior responsabilidade social. Sanitaria, si, pero económica tamén. Sexa por convencemento ou sexa por egoísmo, porque da economía do noso entorno depende a nosa tamén.

A recuperación económica terá moito que ver con cada un de nós. Aí tamén estará o esforzo. En mercar nas tendas que mantiveron aos empregados e que fixeron malabarismos por volver a abrir, en visitar os bares e os restaurantes que sufrirán enormemente este peche, en non marchar de compras a outras cidades. Os salarios que se manteñen estables nesta época sairán máis fortes económicamente, e debe existir un compromiso persoal de redistribuir consumindo. Toca ir a algún espectáculo cultural na medida e forma que sexa que se poidan organizar, toca pagar un pouco máis por un producto, comprar un libro, tomar unha cervexa máis, toca deixar esa fin de semana de escapada lonxe e facelo na nosa terra na que polo mesmo prezo fas o dobre.

Temos o reto de entrar nos negocios onde poidamos saudar polo nome, e facelo co compromiso de que todos os demáis que poidan tamén o farán. Se algo podemos aprender desta época é que os retos colectivos son moito máis relevantes que os individuais, e que soamente teremos éxito individual dentro dun éxito colectivo.  

Un pouco de cada un de nós está en crise tamén, así que necesitamos repensarnos. En colectivo.

Pensa global, actúa local

Te puede interesar