Que se agocha na Mancomunidade?

Podemos debatir, e seguro que é de interese, se as mancomunidades (como outras institucións) deben existir ou se debemos reformar o modelo da administración, reducindo instancias e reordenando. Si, pero non é menos certo que eso non debe impedir que as institucións funcionen mentras non se atope unha solución mellor. Por eso debe funcionar, e xa está tardando, a Mancomunidade do Salnés.

Estamos a breves días de que se deba constituir de novo, cos concelleiros elexidos nos recentes plenos municipais e conformando un novo goberno. Para que se activen as funcións que desenvolve, prioritariamente para coordinar axudas para os concellos pequenos e para políticas conxuntas comarcais, como o turismo. Pero esto parece que non da pasado. Por que? Porque o actual presidente, pola súa decisión propia e individual, non quere facelo. Gonzalo Durán pode estar dacordo ou non cos resultados que se produciron, pero ninguén pode saltarse as normas. Seguro que algunha vez vostede tivo que explicar a un neno que non pode estar nos cachibaches da feria todo o rato, e que hai que deixar a outros pasar. Pois algo así, con berrinche incluido, está pasando nunha institución que vostede tamén financia cos seus impostos.

Resulta difícil non pensar que pode haber algo máis, que agarrarse de tal maneira e saltarse as normas así responde á necesidade de ocultar as cousas feitas nestes últimos tempos. Acaso ten Gonzalo Durán temor a que se airee a casa? Haberá algún problema con algunhas das cousas feitas? Tanta promoción turística en lugares extraños tiña doble lectura? O uso dos recursos que se fixo é difícilmente explicable? Se nada desto existe, non ten sentido entorpecer e aferrarse a un cargo. A Mancomunidade debe convocar o pleno, e quen máis votos teña a presidirá. Ese é o método se Durán quere seguir. Doutra maneira, haberá que pensar que hai algo que agochar. 

Postdata. De verdade non hai ninguén no partido popular que levante a voz e free as bravuconadas, mamandurrias e desaires así? Un pouco de aire, por favor.

Postdata II. Quen ampara tolerías é tamén responsable delas.

Que se agocha na Mancomunidade?

Te puede interesar