O que queremos e o que non queremos

ueremos que non existan maiorías absolutas, pero criminalizamos que os acordos fagan “rendirse” a uns líderes políticos ante outros. Queremos que existan acordos, pero que non se ceda no importante (aínda que cada quen considere importante unha cousa distinta). Queremos que “se faga caso á xente” pero a xente é diversa, e ten intereses e prioridades distintas e confrontadas. Queremos que non exista bipartidismo, pero sentímonos traizoados cando existen acordos transversais que rompen esquemas de bloques.
Neste circo da confusión que vivimos na política actual cabe recoñecer que anda o mundo algo confuso. Tanto que é difícil ás veces ser conscientes do que queremos e, inevitablemente, esto tradúcese á política facendo que ninguén saiba, ás veces, se arre ou so. Todo parece malo, en realidade.
É difícil saber se Errejón terá éxito, aínda que parece que algo de repercusión está tendo. É difícil saber como sairá deste escenario a nova política, que nunca se sabe se é máis nova ou máis vella da que había. É difícil saber se os líderes que algún día parecían estar destituídos terán máis forza en breve. É difícil saber porque é difícil saber o que queremos. 
Cantaba Calamaro que “no sé lo quiero, pero sé lo que no quiero”. Algo é algo, e non é pouco. Aínda que Calamaro xa hai tempo que se dispersou demasiado, apuntaba a unha realidade. Cabe empezar, polo menos, por saber o que non queremos. Eu téñoo claro. 
Agora é tempo de saber se queremos seguir enfadándonos ou crecer. Debemos saber se nos aceptamos uns aos outros. En fin, debemos saber se estamos dispostos a entendernos. Porque, ao final, o que ás veces da a sensación, e que todos queremos moita pluralidade, moito acordo e unha democracia molona, moderna e guay, pero ao final o importante é que me den sempre á razón. Porque renunciar a ser puro e digno non gusta. “Que se faga o que di a xente”, pero sempre que sexa a xente que diga o mesmo ca min, claro.
Haberá que empezar a entender que ceder e renunciar a algunhas cousas non ten nada que ver coa indignidade, e que a pureza de sofá é unha soberana tontería. 

O que queremos e o que non queremos

Te puede interesar