Ruído

Cando hai demasiado ruído é moi difícil falar. Esto é o que pasa nestes días no país, que de repente todo volveuse gris, obtuso e moi ruidoso. Como imos a pretender falarnos se todo o día escoitamos insultos, chascarrillos e acusaciones graves de calquera cousa menos de pagar a ronda de cafés. E, aínda máis importante que falarnos, como imos a escoitarnos?
Resulta insoportable a sensación de que temos perdido certa sensatez no mundo cando todo o que pasa é un acontecemento histórico, cada día, cada momento. Cando o único importante do día é dar un titular máis grande que o día a anterior e a escalada vólvese insuperable. É desalentador ver que, con alegría e tranquilidade, líderes políticos acusan a outros de traizón ao país, de cometer ilegalidades por intereses propios… Que fatalidade ver que, lonxe de facer unha autocrítica seria, existen quen xustifica condutas impropias, corrupción, fatalidades.
Merecemos un país mellor. E para elo hai que rebaixar o ton, hai que reducir o ruído e baixar a arena da normalidade. Entenderse non é a única solución aos problemas, pois pode existir discrepancia. É normal. Pero si debera ser un bo obxectivo. Nunca debéramos asumir que a idea boa é a contraria do que diga o outro, coma se sempre o noso equipo xogara mellor, fora máis efectivo e merecera gañar sempre ao de enfrente.
Recoñezo que non debería, pero últimamente non son quen de ler demasiadas noticias de periódicos seguidas, non consigo ver un informativo enteiro e cóstame seguir unha entrevista ata o final. Será que son un tipo raro, pero se existe hoxe representación política da xenofobia, do autoritarismo selectivo e da imposición, será tamén culpa de quen lle aplaude e negocia con eles con una man, pero con outra disparar bilis contra os demáis. 
Eu prefiro un país no que falar sexa unha virtude. Parafraseando a Silvio Rodríguez, se entenderse non é un dereito, seguro será un esquerdo.

Ruído

Te puede interesar