Tomar aos cidadáns por parvos

Ao igual que vostede sabe canto ten que pagar ao final do mes pola casa ou coche, ou de igual maneira que sabe que unha parte irá para comprar no supermercado, outra para algo de roupa, outra para luz e auga e outra intentará (cando e posible) que se quede en aforros, non se lle ocurrirá misturar e asegurar que vai poder pagar algo cando non fixo as contas. Algo parecido debería pasar cos orzamentos que nos contan canto dos cartos de todos e todas se vai gastar en colexios, carreteras, centros de saúde, etc. E en cales se vai poder facer e en cales non. Pois non. Non é así.
Se vostede vive en A Illa e pregunta canto hai nos papeis dos orzamentos para o seu centro de saúde, a resposta é 0. E para un novo o Grove? Ou para empezar a facer un novo porto deportivo? Ou para ter mellor organización do transporte comarcal? E para solo industrial en toda Arousa? Saben os veciños e veciñas de Vilagarcía canto dos cartos da Xunta van a ir para o necesario novo centro de saúde? E para unha ambulancia medicalizada que salva vidas na comarca? Todas as respostas son a mesma: 0. Cero patatero, cero absoluto, cero. Está todo escrito, son moitos papeis pero ao final queda todo blanco sobre negro. É público. Non se fíen de min se non queren, pero so teñen que buscalo. Non atoparán ningunha mención a eso. 
Eso sí, hai quen pretende afirmar que esto é mentira, e por tanto ten unha oportunidade única: decir onde están eses cartos, sinalar a páxina, contestar a todos os que nos entristecemos porque a Xunta teña esta inquina con Arousa. Cando escoiten que a Xunta promete X cartos, pregunten de onde saen. Verán que a resposta é esquiva, ou se dirá que “é moi difícil todo esto”, como decía Rajoy. Non, non é difícil. É simple: páxina, lugar onde o compromiso está escrito. Cantaba Bob Dylan que a resposta está no vento, pero neste caso máis ven parece que no vento están as palabras que deberán estar nos papeis. 
Por que esta patraña? Porque en maio hai eleccións municipais. Que ten que ver? Non haberá que esperar moito para ver a candidatos azuis prometer sen medida, como metralletas, que a Xunta pretende facer millóns de carreteras, miles de colexios, centos de depuradoras e destinar moreas de cartos…se lle votamos a ese candidato. Porque prometer é fácil, pero compromiso nos papeis non hai ningún. E así anda o nivel. 
Hai quen pretende tomar aos cidadáns por parvos e cree que pode prometer e prometer sen ningunha garantía. Pero é máis fácil que todo esto. Xa que son os cartos de todos, e cada euro está apuntado onde se vai gastar, non hai máis que comprobalo. Pero, maldita sexa, non hai maneira. Por que? Porque cando non hai compromiso, pódese prometer unha viaxe ao espacio. Pero os cidadáns non son parvos e non queren promesas, queren compromisos. E feitos.

Tomar aos cidadáns por parvos

Te puede interesar