A ultraprotesta da ultradereita

Enchense estos días as tertulias de opinadores sobre a pregunta da semana: por que a ultradereita en España ten esta aparición fulgurante?
Existen interpretacións varias, todas elas posuidoras da verdade absoluta (como esta que escribe un servidor, que cae no mesmo erro) e todas elas advertindo do “eu xa o dixen” (eso si que non ocurre neste caso, xa que nin de lonxe foi así). Moitas delas parten non da información, nen sequera da máis mínima, senón que se explican polo mero sesgo de confirmación, que ven a decir que cada un ve as cousas da maneira en que lle dan a razón. Baixo todas estas interpretacións, que normalmente son as máis rápidas en lanzarse, ninguén trata de saber o que Vox é senón que tratamos de confirmar o que queremos crer que Vox é. Que non é o mesmo. A realidade é, normalmente, máis complexa. E, tamén, máis dolorosa. 
Cabería parafrasear a Jardiel Poncela (e a Errejón, político intelixente) e preguntarse se hai 400.000 fascistas en Andalucía, e non parece que esa sexa unha explicación racional. Primeiro porque non é é sostible, e logo porque entón cabería saber por que non votaron antes por este ou outros partidos que defendan o mesmo. Estamos tan acostumados a vivir no barrizal do debate e nunha obscena desigualdade social que non reparamos en que produce unha rabia e frustración suficientes para calquera cousa, como que a ultradereita esté marcando a axenda política do país. Hai, probablemente, unha explicación menos glamurosa, pero que serve para entender unha realidade máis profunda. Vox non é “o partido dos ricos”, nin é só un partido de moda, nin será só o novo recuncho dos que antes votaban a outros. Vox é fillo da desigualdade e do cabreo que produce. 
Poucos dos votos de Vox o son polo seu programa electoral. E de nada sirve pretender bufonear sobre que “a xente non sabe o que vota”, porque ningún partido pasaría a proba do algodón se sometemos aos seus votantes a recoñecer unha moi grande parte dos seus programas. Foi unha reacción emocional. Esta vez a emoción do cabreo, a que alimentamos cando debatimos falazmente de soldos políticos e de funcionarios, en vez de facelo con sentido. É a que alimentamos cando se escupe nun parlamento, cando pelexamos polo titular máis chamativo, cando decidimos opinar sen fundamentar. Canto máis simplifiquemos máis portas abrimos aos populismos, máis fácil o poñemos aos que queren dar solucións simples a problemas complexos. Canto máis facemos por rebaixar a política, máis camiño abrimos á antipolítica. Vox é unha expresión da antipolítica.
Debemos dignificar o debate público. Debatir máis e aplaudir menos, como dixo no seu derradeiro discurso Ceferino Díaz. Deberiamos comprometernos todos a polarizar menos, a pretender escapar dos perigosísimos discursos da pureza, que é o valor máis divisorio. Debemos atopar os espazos intermedios, e non deixar de condear o que sexa inaceptable e fraudulento, veña de onde veña. Debemos buscar a forza da razón, e cando debamos combater o que é inxusto poderemos entón facelo con plenitude, vehemencia e decisión. 
Porque non hai agora, de súpeto, 400.000 persoas que queiran desandar o andado, pero debemos repensar que se prefiren unha explicación simple e facilona que o que lles ofrecemos outros, que será o que ofrecemos os demáis. 

A ultraprotesta da ultradereita

Te puede interesar