Vergoña de un mesmo

Se Xoan é xemelo de Antonio, e Antonio é xemelo de Luis, entón Luis é xemelo de Xoan. O máis complicado de esta frase é escribila, porque entendela é ben fácil.
A pesares de ser simple é sinxelo, se un mira para Andalucía observa como hai partidos que pactan coa extrema dereita pero se agochan de telo feito. Ciudadanos, ese partido que podía ter aberto un espazo da dereita europea en España, acaba de fulminar todo o criterio que lle podía quedar sobre o seu europeísmo e compromiso co crecemento e avance razonado do país. Un votante de Ciudadanos que se ilusionara no seu día por unha forza que afirmaba ter chegado a rexenerar a política, comproba que o partido ao que apoia vai comprar unha vicepresidencia andaluza vendendo a súa propia decencia. Eles saberán se o prezo lle merece a pena.

Era indubidable que o PP aceptaría o discurso da ultradereita. A fin de contas, Vox é o que moitos dirixentes do PP queren ser pero non o decían por cálculo electoral e por quedar ben.

Pero había unha dúbida sobre o que faría Albert Rivera. Un líder político que quere sentir que se parece a Valls, pero ao que Valls lle tirou das orellas. Un líder que gatea detrás de Macron para intentar que pareza que son aliados, e ao que Macron xa lle apartou a cara por pactar coa extrema dereita. Alguén imaxina a Macron pactando con Le Pen, xenófobo e antieuropeo?

O peor é tratarnos por tontos. Para que a dereita goberne en Andalucía fan falta os votos de Cs, PP e Vox. Non hai atallos. Querer os votos pero renegar deles é como se Xoan e Luis negaran ser irmáns de Antonio sendo xemelgos. Todos saíron do mesmo ventre. A fin de contas Abascal, Casado e Rivera foron todos compañeiros militantes no PP. Agora Vox ten os votos para dominalos a todos. E todos pasan polo aro.

Vergoña de un mesmo

Te puede interesar