Un viño moi legal

argados de argumentos, encher de esperanza, berro e dignidade, a compostelá Praza do Obradoiro, o próximo 10 de Xuño, domingo; é a proposta e convite que nos fai a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, unida á veciñal “Mina de Touro – O Pino NON”; e de medio cento máis de colectivos e organizacións sociais, porqué “non queremos unha herdanza envelenada”, diante do descomunal proxecto mineiro, a ceo aberto, que promoven empresas de ámbito foráneo ao noso país. Para deixar as próximas xeracións unha ría chea de vida e futuro,  nacida dun río vivo.
É tempo de reacción, evitar unha desfeita irreversíbel que poña en perigo o potencial económico, laboral e social que representa a riqueza natural de toda a ría de Arousa, medio de vida de milleiros de familias; aagora ameazada por unha iniciativa que vía río Ulla pode traer, nun tempo brevísimo sen capacidade de resposta á catástrofe medioambiental, os abondosos contaminantes drenados desde as enormes balsas de lodos nas que acumularan múltiples lixos tóxicos e letais.
Defensa necesaria dun modelo produtivo, o do marisqueo e pesca de litoral, fronte a outro baseado en investimento para unha extracción de cobre destinado fundamentalmente á grande demanda de consumo na industria chinesa, co foco posto nas enormes cantidades de residuos que provocará, dos depósitos contaminantes, dos riscos da balsas mineiras, das voaduras empregadas ou da desfeita que xa provocou a primeira etapa desata mina na súa contorna.
Fai poucos días un colectivo de persoas mobilizadas nesta causa a favor do medio de vida natural das xentes do mar, cunha orixinal e amábel forma de reivindicación organizou unha peregrinación ata a Catedral de Santiago, nunha simboloxía que busca amosar que a responsabilidade non está na virtual e divina mediación do apóstolo, senón na decisión da Xunta que non pode demorar máis tempo en adoptar a decisión de amparar os dereitos da veciñanza fronte á voracidade, ao intento de captar vontades e forxar estados de opinión pública con cartos das empresas implicadas; ou, tamén, da influenza de grandes grupos de presión financeiro. 
O negocio é apetitoso e non se repara en gastos e xeitos de actuar. Non. Vai parello a empresas afectadas por múltiples expedientes e procedementos administrativos, mesmo penais, por contaminación ou por cousas peores. Velaí a evidencia posta, de manifesto na última xuntanza corporativa dunha das grandes empresas de subministro eléctrico a nivel estatal, admitindo a compra de “carbón de sangue”, traído dun país latinoamericano coa complicidade da actuación de forzas paramilitares que deron morte a quen se opoñía ao espolio. Non é caso único. A “minaría de sangue” e desfeita é un fenómeno intolerábel ao que hai que poñer remate final.

Un viño moi legal

Te puede interesar