FENÓMENO PODEMOS OU FENÓMENOS OS DE PODEMOS

En España naceu un lider, independentemente da súa ideoloxía. Non sei si o nome Pablo Iglesias tivo algo que ver. Recoñecendo os problemas da xente, das familias, da xuventude, etc., e facéndose eco dos mesmos; converténdose en portavoz da crase traballadora sin que ninguén o nomease; de programa en programa de televisión, como si de Gran Hermano se tratase; deixando casi como anécdota a popularidade de Rosa López de OT, e amosando e afondando na falta de humanidade dos que nos gobernan, converteuse en “salvador de imposibles” como se fose Santa Rita, sin obrar miragre nin ofrecer solución algunha.
Foi quen de por de moda palabras como “casta”, tentando definir con ela a todo aquel que representa ou representou a algún dos cargos dos partidos chamados do “sistema” ou para algúns da Democracia. Valéndose das practicas corruptas de membros e cargos das direccións destes partidos, partidos casi infumables nos tempos que corren.
Mete no mesmo saco a milleiros de concelleiros e alcaldes representantes destes partidos, cargos que no 80% dos casos traballaron e traballan sin soldada algunha para poder camiñar polos aceras e estradas de hoxe, por quenes traballaron para sacarnos a lama de diante da porta, para ter un servizo de saneamento, auga e recollida de lixo en cada casa, para ter un servizo de Garderia, Bombeiros, Piscina, Centro de Día, equipamentos deportivos e de ocio preto da casa. E repito, sin nada a cambio, solo coa satisfación de tentar mellorar o día a día dos nosos veciños.
Pero agora ven outro tipo de “casta”. Dentro do fenómeno populista de Podemos sumanse outra casta que a conta deste faise eco das verbas deste mestre de mestres, sin aportar, nin ter aportado, “nada” á sociedade, solo co lema de deixar paso a xente nova.
Para sair desta crise fai falta algo máis que marketing e boas palabras. Xa sabemos que hai xente que pasa frío e fame, que non pode pagar a luz nin a calefacción. Non fai falta que no lo conten, senón que nos den a solución para que esto non pase nin se repita.
Non están os tempos para inventos nin para rapaces. É hora das persoas con moita capacidade, capacidade de traballo, de sacrificio, capacidade de decisión e vocación de servicio e que coñezan de primeira man a xente e os seus problemas.
A última palabra a ten o pobo, pero tamén ten a responsabilidade de equivocarse ou acertar, e de eso depende o noso futuro, e sería moi malo perder outros catro anos.

FENÓMENO PODEMOS OU FENÓMENOS OS DE PODEMOS

Te puede interesar