Nós non votamos a Mosquera

Nestes últimos anos estivemos esperando un proxecto neste vial que respondese as necesidades actuais. Ante as novas que aparecían dia a día, algúns quixémonos informar do proxecto no Concello, e sempre se nos dixo que non dispoñían del. Como usuario desta rúa, rúa que afecta o tráfico rodado de todo Sanxenxo, ao ser esta a principal vía de saída dende a praza de abastos, porto deportivo e simples automovilistas que deciden vir dende Pontevedra pola costa.
Sabemos que o actual proxecto, non vai cumprir as necesidades reais da vila, dinnos que lle van dar prioridade ao peónf acendo beirarrúas de seis metros para ocupalas con terrazas que permanecen instaladas todo ano como pasa en moitas zonas do municipio e aínda que o único que se faga sexa trasladar o problema á zona do Vento, rúa dos Castiñeiros, zona do cemiterio ... Estamos esperando ver como van velar pola seguridade dos peóns nesas zonas carentes de beirarúas e espazos para os viandantes, sen contar os números que teremos que facer para cruzar a rotonda de Arnelas.
Pero a perplexidade ven hoxe dende o doberman de Pontevedra, si, dende as declaracións do señor Mosquera. Gustaríame dicirlle  que descoñece totalmente a realidade de Sanxenxo; que os veciños e usuarios desta rúa non somos “marionetas”, nin do señor Martín e, por suposto, tampouco súas.
Dicirlle tamén que non pensaba na responsabilidade penal, cando botou para atrás esta obra, xa adxudicada anteriormente. En canto ao alcalde, dicirlle que exerza como tal, e se non o fai, si que demostra que él si é unha marioneta do señor Mosquera; que os veciños non somos tontos, e non estamos dacordo na baixa económica en detrimento da calidade das obras e aforrarlle os cartos a Deputación para que despois os vaia invertir a Vigo; recordarlle que esta rúa tamen é responsabilidade do Concello, ao ser titular de parte, e asumir o 30% do proxecto.
Finalmente quixera recordarlle aos nosos representantes que deben velar pola legalidade e que nos digan si esta obra de urbanización foi informada polos técnicos locais, e como tal si ten licenza?.
Señor alcalde, agardo que nos conte algo, aínda que sexa solo un conto, que nos diga quen goberna en Sanxenxo. e recordámoslle que nós, NON VOTAMOS A MOSQUERA. 

Nós non votamos a Mosquera

Te puede interesar