As novas políticas

N as próximas datas as corporacións locais cumprirán un ano da sua posta de largo.
Os veciños e veciñas que exercemos o voto fai un ano, podemos estar máis ou menos satisfeitos, sorprendidos, decepcionados, ou simplemente aborrecidos.
Nestes momentos de crise agraviada, polo paro, e outros detonantes, foron moitas as expectativas que se xeraron arredor das novas formacións, polo feito de non ter estado en política anteriormente e non ter sido responsables da crise tanto económica como política que estamos a vivir.
Eso pode ser bo ou malo, pois non se sabe cal é realmente a sua vocación. Vos xuzgaredes.
Antes os alcaldes e concelleiros que os acompañaban, presentábanse máis ben por mellorar o noso día a día, sacar a lama, abrir camiños, asfaltalos, luz pública, alcantarillados e depuradoras, colexios, pavillóns e pistas polideportivas, piscinas municipais, centros de día, humanización das rúas e incluso “rotondas”, logo tildadas por algúns de obras faraónicas ou políticas de bombilla e asfalto.
Agora, con eso de “ Un novo xeito de facer política” ,que non se sabe realmente como é, nin se tapan baches, non se abren camiños nin se repoñen bombillas etc. pero en cambio si se fai política de selfies, de postureo, de non vamos as procesións, pero si os palcos de autoridades, cousa que non me parece mal, cada quen no seu tempo de alborexar que faga o que lle pete.
É moi fácil que os gobernos que toman decisións se trabuquen, si toman un cento, e se equivocan en dez, recordarémosllo sempre, en cambio, non lle teremos en conta os noventa acertos. Pero eso si, “o que non toma decisións non se equivoca” ainda que nos coma a merda.
Vai na nosa condición elixir, o caso e acertar, pois con unhas persoas pasámolo ben de festa, a outras facémoslle as nosas confidencias, con outras compartimos a nosa vida , e a outras eliximolas pra que nos representen.
Ollo o can, e o que fagamos, fagámolo en democracia.
 

As novas políticas

Te puede interesar